A Fortaleza Dixital
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Fortaleza Dixital é a primeira novela de ciencia ficción escrita polo norteamericano Dan Brown. Publicada a versión orixinal Digital Fortress no 1998, aínda que non sae en España ata o ano 2006.
[editar] Argumento
Susan Fletcher é unha criptógrafa estrela da NSA, unha axencia de intelixencia estadounidense especializada na interceptación de información. Susan e chamada polo xefe do departamento de criptografía para que lle axude cunha emerxencia; un ex-membro da NSA, Ensei Tankado desenrolou un algoritmo que nin o maior ordenador do mundo especializado na desencriptación o deu conseguido, o ordenador é o TRANSLTR en poder da NSA obviamente. Ensei Tankado colgou o programa criptográfico na súa web, pero estaba autocifrado e tiña a intención de vender o contrasinal que o descifraba a empresa que lle pagara máis por el. A única forma de que non publique o contrasinal é que a NSA recoñeza a existencia do TRANSLTR; se Tankado morrese asasinado pola NSA un compañeiro sería o encargado de revelarlle a todo o mundo o contrasinal. A NSA esta en crisis, xa que se o programa se distribúe non poderán descifrar as mensaxes.
Ensei Tankado aparece morto en Sevilla, supostamente por un ataque o corazón, a NSA debe atopar o amigo de Tankado que ten o contrasinal, pero sen que este se entere de que morreu xa que podería dar a coñecer o contrasinal do programa e entón sería a ruina para a NSA.
Mentres Trevor Strathmore envía a David Becker a España para que leve todas as pertenzas de Ensei Tankado a NSA para atopar algunha pista.
[editar] Persoaxes
- Susan Fletcher: Criptógrafa da NSA
- David Becker: Mestre de idiomas na universidade de Georgetown e prometido de Susan Fletcher
- Trevor Strathmore: Subdirector da NSA e xefe do departamento de criptografía
- Ensei Tankado: Ex-criptógrafo da NSA, creador do programa Fortaleza Dixital
- Greg Hale: Criptógrafo da NSA, ex-marine
- Leland Fontaine: Director da NSA
- Midge Milken: Analista de seguridade internaNSA
- Hulohot: Asasino enviado por Strathmore para matar David Becker e a todos os que viran o anel de Ensei Tankado.
- Chad Brinkerhoff: Oficinista de Fontaine
- Phil Chartrukian: Empregado do Dpt. de Sys-sec da NSA
- Tokugen Numataka: Empresario xaponés dono dunha gran multinacional, e pai de Ensei Tankado
- Jabba: Experto en seguridade informática
[editar] Polémica
A novela provocou unha polémica sobre todo nos cidadáns de Sevilla xa que o autor reflexa esta cidade como corrupta e tercermundista.