A Pobra de Trives
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Pobra de Trives | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Pobrense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Ourense |
Comarca: | Terra de Trives |
Área: | 31.29 Ha km² |
Entidades de poboación: | 19 parroquias |
Capital do concello: | Puebla de Trives |
Latitude e lonxitude: | 42º20'31" Latitude Norte 7º15'1" Lonxitude Oeste |
Altitude máxima: | 1.730 m. |
Altitude mínima: | 300 (Río Bibei) m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 2.721 hab. |
Densidade: | 86,96 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG '(votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE '(votos - %) Outros: -' (- %) |
Alcalde: | Luis Álvarez González (PP) |
Eleccións municipais en: 'A Pobra de Trives' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | 32.780 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | - |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Ourense en Galicia. Pertence á Comarca da Terra de Trives.
Poboación en 2004: 2.721 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (2.734 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Pobrense - Trivés
Evolución da poboación de: A Pobra de Trives - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
5.541 | 5.446 | 5.713 | 5.305 | 2.721 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Xeografía
A Pobra de Trives sitúase nas estribacións occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1.500 m. (Cabeza dos Bois, 1.707 m. e As Chairas de Maceda, 1.685 m.), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreno baixa cara o oeste e as ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.
O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1.840 m. de altitude e constitúe case todo o limite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.
Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediteráneo. Os invernos son duros e longos (9°C) e os veráns mornos (15°C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2.000 mm das montañas.
[editar] Historia
Hai restos de castros, a maioría romanizados: A Cividá, O Castro, O Castelo, As Cigadoñas, etc. Os poboadores eran os tiburios, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello ou a Ponte Navea.
A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte sobre o río Bibei.
A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos. Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.
[editar] Economía
O concello dedícase ao comercio e ao turismo. Neste ámbito é de salientar o complexo hoteleiro de Cabeza Grande de Manzaneda e a súa estación invernal. Abundan os hoteis e hai un camping. Entre os cultivos destaca o castiñeiro.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de A Pobra de Trives | |
---|---|
Barrio (San Xoán) | O Castro (San Nicolao) | Cotarós (Santiago) | Cova (Santa María) | A Encomenda (Santo Antonio) | Mendoia (Nosa Sra. da Concepción) | Navea (San Miguel) | Pareisás (Santo Antonio) | Pena Folenche (Santa María) | Pena Petada (Santo Estevo) | Piñeiro (San Sebastián) | A Pobra de Trives (Sto. Cristo da Misericordia) | San Lourenzo de Trives (San Lourenzo) | San Mamede de Trives (San Mamede) | Sobrado (San Salvador) | Somoza (San Miguel) | Trives (Santa María) | Vilanova (Santa María) | Xunqueira (San Pedro) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||