Aalesund
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aalesund, cidade do condado de Møre og Romsdal (40.000 hab.) en Noruega. Situada sobre un arquipélago ocupa tres das illas exteriores occidentais (Hessa , Aspøy , Nørvøy ) á entrada do fiordo de Stor. Cara o sur da vila atópanse as ruínas do castelo de Hrolf Ganger (máis coñecido como Rollon), fundador no século IX da dinastía dos duques de Normandía.
A cidade é a capital pesqueira norueguesa e serve de base á frota pesqueira de arenque e bacallau do Ártico. En 1948 concedéuselle o estatuto de cidade. Sunnmørsposten é o xornal local
[editar] Historia
O primeiro asentamento data do século XVI.
O 23 de xaneiro 1904 produciuse un gran lume que destruíu 800 casas, construídas en madeira. O Kaiser Guillerme II de Alemaña, que adoitaba pasar periódos de vacacións na vila, enviou centos de artesáns alemáns e cincuenta arquitectos para a reconstrución da cidade,froito disto foi que a cidade foi reconstruída enteiramente no estilo coñecido como Art Nouveau (chamado Jugendstill en alemán).