Abegondo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abegondo | |
---|---|
![]() |
|
Situación | |
Xentilicio 1: | Abegondense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia da Coruña |
Comarca: | Coruña |
Área: | 83,6 km² |
Entidades de poboación: | 164 |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 5.732 hab. |
Densidade: | 68,56 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 95,98 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 73,27 % |
Ás veces: | 21,26 % |
Nunca: | 5,47 % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 10 (2.680 votos - 70,64 %) BNG 1 (509 votos - 13,42 %) PSdeG-PSOE 2 (545 votos - 14,36 %) Outros: 0 (0 votos - 0 %) |
Alcalde: | Xoán Xosé Rocha Carro (PP) |
Eleccións municipais en: 'Abegondo' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 6.338 - 100 % |
Votantes: | 3.827 - 60,38 % |
Abstencións: | 2.511 - 39,62 % |
Votos en branco: | 60 - 1,58 % |
Votos nulos: | 33 - 0,86 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | 15318 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | http://www.abegondo.es/ |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca da Coruña.
Limita co concellos de: Bergondo, Betanzos, Oza dos Ríos, Cesuras, Mesía, Ordes, Carral e Cambre.
Poboación en 2004: 5.732 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (5.761 en 2003). A capital é San Marco.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Abegondense
Superficie: 83,6 km2
Evolución da poboación de: Abegondo - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
7.376 | 8.238 | 8.202 | 6.274 | 5.732 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Xeografía
A altitude máxima do concello é Castro Maior, 475 m.
Recóllense 1169 mm./ano de precipitacións, e a temperatura media é de 12'3ºC.
O Barcés, Govia e Mero son os ríos principais do concello.
En Abegondo está o encoro de Cecebre que abastece de auga potable á cidade de A Coruña. Este encoro no río Mero ocupa unhas 275 Ha e unha pequena parte del abrangue os concellos de Betanzos, Cambre e Carral.
[editar] Historia
No concello atópanse restos de antigos castros, o máis salientable é o de Meangos. O lume que no ano 1948 destruíu o arquivos do concello fai que non teñamos moita documentación do pasado.
[editar] Economía
O concello é esencialmente agrícola, gandeiro e forestal, tan só unhas poucas industrias derivadas creban o predominio do sector primario.
No Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, que ocupa 310 hectáreas, trabállase para a mellora de cultivos e pastos, ademais da produción madereira.
A proximidade a Betanzos e A Coruña permite que moitos veciños traballen neles.
[editar] Arquitectura
Torres de San Tirso de Mabegondo, construídas por Diego de Quironga Reymóndez.
O Pazo de Figueroa remóntase ao século XII, do que queda unha torre, reformada no século XVII.
[editar] Festas e Feiras
Festas da Nosa Señora da Saleta en Presedo, o día 19 de setembro.
Festas da Nosa Señora dos Remedios en Sarandóns, o 4º domingo de setembro.
Romería das cereixas en Vilacoba, o 1º domingo de Xullo
Celébrase unha feira en San Marcos de Abegondo o 2º domingo de cada mes e unha extraordinaria o día 25 de abril por ser San Marcos
[editar] Lugares de Abegondo
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Abegondo vexa: Lugares de Abegondo.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||