Ordes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ordes | |
---|---|
![]() |
|
Situación | |
Xentilicio 1: | Ordense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia da Coruña |
Comarca: | Ordes |
Área: | 157,96 km² |
Entidades de poboación: | 13 |
Capital do concello: | Ordes |
Latitude e lonxitude: | 43° 04' 36 N - 8° 24' 26 W |
Altitude máxima: | 471 m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 12.287 hab. |
Densidade: | 77,79 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 9 (3.853 votos - 46,8 %) BNG 3 (1.693 votos - 20,6 %) PSdeG-PSOE 3 (1.664 votos - 20,2 %) Outros: 2 CDI (920 votos - 11,2 %) |
Alcalde: | Teodosio Martino Martino (PP) |
Eleccións municipais en: 'Ordes' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 11.781 - 100 % |
Votantes: | 8.331 - 72,63 % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Rúa Alfonso Senra, N° 108 |
Teléfono: | 981 68 00 02 |
Fax: | 981 68 22 21 |
Código Postal: | 15680 |
Correo electrónico: | administracion@concellodeordes.com |
Sitio web oficial: | http://www.concellodeordes.com |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Ordes é un concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca de Ordes.
Poboación en 2004: 12.287 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (12.266 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Ordense
Evolución da poboación de: Ordes - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
7.260 | 8.205 | 10.450 | 11.076 | 12.287 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Estes datos varían con respecto a información da web oficial do concello.
Índice |
[editar] Xeografía
Ordes atópase nunha chaira a medio camiño entre Compostela e A Coruña. A altura sobre o nivel do mar oscila entre os 461 m. nos montes do sul e os 450 m. no norte e neste sentido flúen os cursos de auga, que desembocan case todos no río Tambre. O máis importante é o río Lengüelle, que baixa polo oeste marcando o límite co concello de Tordoia. Os regatos da parroquia de Ardemil desembocan no río Barcés. O terreno está formado por unha unidade xeolóxica de esquistos denominada Esquistos de Ordes.
O concello ocupa 157 km² e un terzo da poboación reside na capital, Ordes. Está atravesado pola N-VI, a AP-9 e polo camiño de ferro entre A Coruña e Compostela.
As precipitacións son abondosas e superan os 1.500 mm anuais. A temperatura media é de 13°C, se ben xea todo o ano excepto no verán. Boa parte do territorio está ocupado por lameiros e bosques de eucaliptos.
[editar] Historia
Da época castrexa destacan o castro de Cerdón e o de Ferreiros. Durante a Idade Media fixo parte do condado de Trastámara, e posteriormente dividiuse entre a xurisdición de Folgoso, do conde de Altamira, o couto de Faramilláns e as xurisdicións de Gorgullos e Montaos. Montaos foi doado por Afonso VII á catedral de Santiago de Compostela en 1124. En 1544 Filipe II, de camiño a Compostela, pernoctou en Calle, na parroquia de Poulo, feito do que deixa constancia unha inscrición no dintel da porta. O xeneral Porlier tamén pernoctou en Ordes e aquí foi feito prisioneiro. Durante a guerra civil de 1833 producíronse enfrentamentos entre liberais e absolutistas e en 1846 pasou Solís coas tropas do Exército Libertador de Galicia.
[editar] Economía
Durante a década de 1960 produciuse unha emigración cara as cidades máis próximas e cara Europa, que freou na década de 1970. Na actualidade, un cuarto da poboación dedícase ao sector primario (gando bovino para leite). Como industrias destacan o sector téxtil e a construción. O sector terciario concéntrase na capital do concello e destacan empresas de comercio ao por maior.
[editar] Lugares de Ordes
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ordes vexa: Lugares de Ordes.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||