Achumawi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O achumawi é unha lingua extinta da familia Hokan falada en Estados Unidos.
ISO/DIS 639-3: acv
Índice |
[editar] Distribución xeográfica
Antes da chegada dos brancos, os achumawi vivían no norleste de California, na bacía do río Pit, preto de Montgomery Creek no condado de Shasta.
[editar] Falantes
Extinta. O grupo étnico comprende 1.000 persoas, en 1997 había 10 semifalantes de avanzada idade.
[editar] Dialectos
Orixinariamente o achumawi comprendía nove dialectos: Ihewisedawi, Kosalektawi, Hammawi, Astariwawi, Atwansini, Ajumawi, Ilmawi, Madesi e Itsatawi
[editar] Escrita
Do achumawi conservamos descricións, listas de palabras e breves textos recollidos a comezos do século XX por Jaime de Angulo e Edward Sapir.
[editar] Historia
Antes da chegada dos brancos calcúlanse o número de achumawis en 3.000, distribuídos en 28 asentamentos. En 1848 comezan a chegar os brancos ao territorio achumawi, as guerras e as epidemias reducen ao seu número a 1000 en 1910. En 1982 quedaban 10 falantes, todos de avanzada idade, nun grupo étnico de 800 persoas.