California
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: O Estado Dourado | |||
Outros Estados dos EUA | |||
Capital | Sacramento | ||
Maior cidade | Los Angeles | ||
Gobernador | Arnold Schwarzenegger | ||
Lingua oficial | |||
Área | 411 049 km² (3º maior) | ||
- Terra | 404 298 km² | ||
- Auga | 20 047 km² (1,64%) | ||
Poboación (2000) | |||
- Poboación | 33 871 648 (1º máis populoso) | ||
- Densidade | 82,4 /km² (12º máis denso) | ||
Entrada na Unión | |||
- Data | 9 de setembro de 1850 | ||
- Orde | 31º | ||
Fuso horario | Pacífico: UTC-8 | ||
Latitude | 32°30'N - 42°N | ||
Lonxitude | 114°8'O - 124°24'O | ||
Largo N-S | 1240 km | ||
Ancho E-O | 402,5 km | ||
Altitude | |||
- Altitude media | 884 m | ||
- Punto máis elevado | 4 418 m | ||
- Punto menos elevado | -86 m | ||
Abreviacións | |||
- USPS | CA | ||
- ISO 3166-2 | US-CA | ||
Ligazón externa | www.state.ca.us |
California é un dos 50 estados dos estados Unidos da América, localízase na costa sur do Océano Pacífico. É o estado máis poboado do país, con case 34 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e mais Texas. A California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos. É tamén o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.
Das 20 maiores cidades dos estados Unidos, catro están localizadas na California: Los Angeles, San José, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur está densamente poboada, e alí localízanse as catro maiores cidades do estado. Xa a rexión norte é menos densamente habitada, Sacramento é a única gran cidade.
Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente fica o estado de California, e, despois da independencia mexicana, tornouse parte do México. Os americanos anexaron a California na década de 1850, nunha guerra con México.
O lema do estado é Golden State, o "estado Dourado". A súa orixe aínda é tema de discusión. Pode ter vido da carreira do ouro de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de millares de persoas de todo o país para a rexión. Outra posibilidade é unha referencia á grama nativa do estado, que adquiren unha cor dourada na estación seca. Coloquialmente, o apelido tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano.
O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián - Aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.
Índice |
[editar] Historia
O primeiro europeo en explorar partes da costa californiana foi o portugués Juan Rodríguez Cabrillo, en 1542. A primeira persoa a explorar toda a costa do actual estado de California foi o inglés Francis Drake, en 1579. Nas mediadas do século XVIII, misioneiros españois instalaron pequenos asentamentos en enormes anacos de terra ao norte do actual estado mexicano de Baja California. Cando México se tornou independente da España, en 1821, a California tornouse parte do territorio mexicano, e os asentamentos españois logo foron disolvidos e abandonados.
En 1846, durante a Guerra Mexicano-Americana, fundouse a República Californiana, e unha bandeira, a Bear Flag, foi alzada, que mostraba un oso dourado e unha estrela. A República chegou a un fin súbito cando o almirante John Sloat da mariña norteamericana navegou na baía de San Francisco, e reindivicou a California para os Estados Unidos. Despois do fin da guerra, a California dividiuse entre os Estados Unidos e México. A porción mexicana, Baixa California, foi posteriormente dividida en dous, en Baja California e Baja California Sur. A porción adquirida polos estados Unidos, a Alta California forma a actual California norteamericana. En 1848, a California posuía unha poboación, a maioría hispana e amerindia, de aproximadamente 4 mil habitantes. Despois da descuberta de ouro, porén, a poboación expandiuse, con persoas do resto do país indo ao estado na carreira do ouro de California. O 9 de setembro de 1850 declarouse oficialmente como o 31º estado americano.
Durante a Guerra Civil Americana, a maioría da poboación californiana (preto de 70%) apoiaba os estados suristas, mentres que só o 30% apoiaban os nortistas. Mesmo así, a California participou activamente na guerra, do lado dos estados nortistas, e moitas tropas californianas loitaron do lado da Unión, contra as forzas da Confederación.
Unha conexión ferroviaria intercontinental entre a costa Pacífica e a costa atlántica, inaugurada en 1869, contribuíu ao crecemento de poboación da California, traendo persoas do resto do país, que descubriron que o estado estaba moi ben dotado para a práctica da agricultura en xeral. Actualmente, a California é a maior produtora de produtos agropecuario dos estados Unidos. Petróleo foi descuberto no estado no inicio do século XX, o que contribuíu aínda máis para o crecemento de poboación da California.
Entre 1900 e 1965, a poboación californiana medrou ata tal punto que o estado tornouse o máis populoso do país. De 1965 para o presente, esta poboación tamén se tornou unha das máis variadas do mundo. California é un estado de tendencias liberais, e un pólo mundial de comercio, da industria cinematográfica e agropecuaria.
[editar] Xeografía
A California limita co Océano Pacífico ao oeste, Oregon ao norte, Arizona e Nevada ao leste e co estado mexicano de Baja California ao sur. A xeografía é diversa, e inclúe un gran vale central, altas montañas, desertos quentes e secos e diversas forestas. Con unha área de 410,000 km², a California é o terceiro maior estado norteamericano. A maioría das grandes cidades californianas están localizadas ao longo do océano, onde o clima é lene e confortábel. Sacramento é unha excepción, pois está localizada no vale central.
Localizado nunha rexión xeoloxicamente activa, a California posúe moitos volcáns, moitos deles activos; o estado é famoso polos seus terremotos, que ocorren na rexión grazas á presenza da Falla de San André. Aínda que a ocorrencia de poderosos terremotos rexistráronse en Alasca e no Río Mississippi, os terremotos da California son famosos porque acontecen frecuentemente, atinxindo áreas densamente habitadas. Unha lenda popular é de que, finalmente, un eventual xigantesco terremoto causará a fisión da área costeira da California do continente, e que esta área irá afondar no océano ou formar unha nova masa de terra. O feito de que este escenario non sexa posíbel dun punto de vista xeolóxico parece non afectar a aceptación da lenda por parte da poboación californiana, ou do seu uso pola industria cinematográfica.
A California está dividida en oito distintas rexións xeográficas. As Montañas Klamath, localizadas no noroeste do estado, e inclúen moitas paisaxes forestais, localizadas en altas altitudes. Localízanse aquí picos de ata 2 400 metros de altitude seAo sur das Montañas Klamath e ao longo da costa do Océano Pacífico localízanse a Cadeas Litoráneas, cuxo punto máis marcado é a presenza da Falla de San Andreas. Ao norte e a leste das Montañas Klamath están localizas as Montañas Cascata, marcadas por moitas montañas, que foron formadas por erupcións volcánicas. A leste das Montañas Castata e no nordeste fica a Basin and Range Region, unha área montañosa criada polo choque das dúas placas tectónicas localizadas na rexión. O Val Central, ou Gran Vale, localízase no centro do estado, onde as dúas grandes bacías hidrográficas, están localizadas, en torno dos ríos máis longos do estado, o Río Sacramento e o Río San Xaquín. Esta rexión é moi fértil, e tres cuartos da produción agraria da California é producida aquí.
A Sierra Nevada, localizada a leste do Vale Central e no centro-leste do estado, é unha inmensa muralla rochosa, que posúe 650 km de lonxitude e entre 60 a 110 km de largura. Aquí está localizado o punto máis alto dos estados Unidos (excluíndose Alasca e Hawai), o Monte Whitney. Grandes ríos que corren ao longo da rexión escavaron grandes vales. A maior e máis marcado delas é o Vale de Yosemite.
A Cadea Transversa é tamén unha área montañosa. Porén, aquí, as serras exténdense nun sentido leste-oeste (xeralmente, no estado, serras exténdese nun sentido norte-sur). A Transverse Ranges localízase no suroeste do estado, e a cidade de Los Angeles localizase aquí. A Cadea Peninsular é unha rexión montañosa, localizada no extremo suroeste do estado, onde está localizada o Condado de San Diego. E, por fin, a Basin and Range Region é unha grande área árida, no leste e sueste do estado, onde o Deserto de Mojave e o famoso Vale da Morte están localizados. O Vale da Morte está localizado nunha depresión xeográfica, a 86 metros abaixo do nivel do mar.
Cerca de 8 mil lagos están localizadas no estado. O Parque Nacional de Yosemite posúe moitos das cataratas máis altas da América do Norte.
[editar] Clima
Dada a súa grande extensión e a súa diversidade xeográfica, a California posúe unha gran variedade de climas. Diferentes rexións posúen diferentes condicións climáticas, e isto varía de acordo con latitude, distancia en relación ao océano, altitude e presenza de obstáculos xeográficos (como serras e cadeas de montañas). A maior parte posúe un clima temperado mediterráneo, con apenas dúas estacións ben definidas, con invernos chuviosos e veráns secos - especialmente no sur e ao longo do litoral. A proximidade do Océano Pacífico torna veráns máis fríos e invernos máis quentes. As neboeiras son moi comúns nas áreas costeiras. O interior posúe veráns moi quentes e invernos fríos.
A temperatura media do norte e nas rexións de maior altitude é inferior a 0ºC. Ao longo do sur e do litoral, porén, é de máis de 11ºC. A temperatura máis baixa xa rexistrada é de -43ºC, rexistrada en 20 de xaneiro de 1937. Mínimas varían entre -45ºC e 10ºC, e máximas varían entre -40ºC e 18ºC.
A temperatura media da California no verán é de 25ºC. As menores temperaturas medias son rexistradas nas rexións de maior altitude, no nordeste e ao longo do litoral. Nestas rexións, a temperatura media é inferior a 20ºC. Estas rexións posúen mínimas variando entre 6ºC e 18ºC, e máximas variando entre 20ºC e 34ºC. Xa o leste e particularmente o sueste posúen altas temperaturas medias no verán. A temperatura media nestas rexións é superior a 33ºC. Mínimas poden chegar ata 2ºC, e máximas poden superar facilmente os 50ºC nestas rexións semidesérticas. A temperatura máis alta xa rexistrada é de 57ºC, rexistrada no Vale da Morte, en 10 de xullo de 1913.
As precipitacións caen case sempre na forma de choiva, e é maior ao longo da rexión costeira do estado, principalmente no norte. Porén, Tamarack, en Sierra Nevada, rexistra anualmente máis dun metro de precipitación de neve anualmente. As Cadeas Transversas, Peninsulares e a Sierra Nevada impiden o fluxo de ar húmido ao interior do sueste da California, criando unha grande área de clima desértico, o Deserto de Mojave, onde o Vale da Morte está localizado.
[editar] Política
A California é gobernada como unha república, e posúe tres principais ramos gobernamentais: o ramo executivo, constituído do Gobernador de California e doutros oficiais electos; o brazo lexislativo, constituído polo Senado e a Asemblea, e o ramo xudiciario, constituído da Corte Suprema da California. O estado tamén permite directa participación do electorado (a través de referendos e votacións) en decisións gobernamentais.
A actual constitución criouse en 1879. A primeira adoptouse en 1849. As emendas á constitución xeralmente son propostas por unha das casas do poder Lexislativo. Neste caso, esta emenda precisa ser aprobada por dous terzos dos membros do Poder Lexislativo. As emendas tamén se poden propor por sinaturas, directamente pola poboación. Neste caso, as sinaturas precisan conter ao menos 8% dos votos dos electores que habían elixido o gobernador na última elección estadal. Por fin, novas emendas poden ser propostas a través de Convencións Constitucionais, que precisan ser aprobadas por dous terzos do Lexislativo. Nos tres casos, caso a emenda en cuestión sexa aprobada, precisa recibir a aprobación de dous terzos da poboación californiana para entrar en efecto.
O Poder Executivo está centralizado no Gobernador e en outros oficiais constitucionais, que son electos pola poboación para mandatos de catro anos, e poden ser reelixidos unha vez.
O Poder Lexislativo constitúeo o Senado (constituído por 40 senadores) e mais a Asemblea, esta con 80 membros. Os senadores posúen mandatos de catro anos de duración e os membros da Asemblea de dous anos.
Actualmente, son 48 Demócratas e 32 Republicanos na Asemblea. O actual gobernador é Arnold Schwarzenegger, cuxo termo actual irá perdurar ata xaneiro de 2007. Schwarzenegger foi a segunda persoa a substituír un gobernador de estado norteamericano nunha elección de recall, isto é, unha elección onde os electores votan por remover un gobernador aínda en oficio por outro ou non. Schwarzenegger substituíu a Gray Davis, que gobernou entre 1999 a 2003, e foi retirado do seu oficio a través dos resultados desta elección estadal de recall de outubro de 2003.
A capital é a cidade de Sacramento. Ao longo da historia do estado, outras cidades que serviron por algún tempo como capital californiana era [[Monterey), entre 1775 a 1849; San José, entre 1849 e 1851; Vallejo; entre 1852 e 1853; Benicia, entre 1853 e 1854, e San Francisco, en 1862. A capital californiana mudouse para Sacramento en 1852, en carácter temporario, cando a construción dun Centro de Goberno non pode ser completada a tempo en Vallejo. Sacramento tornouse de vez a capital en 25 de febreiro de 1854, e desde entón fora a capital do estado, excepto por un curto período en 1862, cando severas inundacións en Sacramento obrigaron unha mudanza temporaria para San Francisco.
O sistema xudiciario de California é supervisado polas sete Casas de Xustiza da Corte Suprema de California. Alén diso, cada condado posúe súa propia Corte Suprema. Os xuíces do sistema son sempre nomeados polo gobernador para mandatos de 12 anos de duración, mais eles precisan ser regulamente reconfirmados polo electorado californiano. O sistema legal está explicitamente baseado no sistema de lei da inglés, mais posúe tamén algunhas características das Leis Civís da España.
A nivel nacional, o estado de California está representado por dous senadores e 53 representativos (parte da Casa dos Representantes dos estados Unidos). A pesar da California ser un dos estados máis liberais dos estados Unidos, e da poboación californiana ter apoiado máis o Partido Demócrata Americano, algunhas áreas no estado son politicamente moi conservadores, e apoian máis o Partido Republicano, especialmente os condados de San Diego e Orange. O Republicano George W. Bush perdeu en California nas eleccións nacionais de 2004, por 9%, para o Demócrata John Kerry.
Un gran problema no estado son os gastos do goberno estadal. California gasta máis anualmente do que recebe a través de verbas do goberno ou de impostos estadais. Con isto, a débeda interna estadal continúa a crecer, e actualmente, está na orde das decenas de miles de millóns de dólares.
[editar] Subdivisións e orzamento
- Ver artigo principal: [[Condados da California]].
A California está dividida nun total de 58 condados. O maior deles é o Condado de Los Angeles, o máis populoso de todos os Estados Unidos, e que posúe aproximadamente 10,5 millóns de habitantes, ou un terzo da poboación do estado. A maior parte dos condados é administrada por un Consello de 5 membros-supervisores e outros oficiais electos pola poboación do condado. A California posúe preto de 470 cidades. Os impostos representan o 60% do orzamento, o resto provén de verbas fornecidas polo goberno americano.
[editar] Economía
A California é responsábel aproximadamente do 14% do produto interno bruto dos Estados Unidos. O PIB foi de 1.400 millóns de dólares en 2004, o maior do país. Se a California fose un país independente, estaría na sétima posición entre as economías mundiais, atrás apenas dos outros 49 estados norteamericanos, Xapón, Alemaña, Francia, Inglaterra, China e Italia. A renda per capita da California é de 33,415 dólares (dado de 2003), 12º no país. O índice de desemprego no estado é de 6.7% (dado de 2002).
O sector primario representa o 2% do PIB da California. A agricultura e a pecuaria responden xuntas por 1.95% do PIB do estado, e empregan preto de 750 mil persoas. O valor total dos produtos producidos pola agropecuaria da California é o maior de todo os estados Unidos. O estado posúe unhas 89 mil facendas. Moitas delas dependen da irrigación artificial para o cultivo de plantacións. A California é o líder nacional na produción de leite, carne bovina, tomate, morangos, melóns, pexegos e melancias. O estado produce a maior parte dos kiwis americanos. Alén diso, a California é o segundo maior produtor de laranxas dos estados Unidos. Só Florida produce máis laranxas do que a California. A pesca e a industria madeireira responden xuntas por 0.05% do PIB e empregan preto de 5 mil persoas.
O sector secundario representa o 18% do PIB. A industria de manufatura representa o 14%, e emprega preto de 2,1 millóns de persoas. O valor total dos produtos industrializados é o maior de todos os Estados Unidos. Este valor foi de 211 000 millóns de dólares en 2000. Os principais produtos industrializados fabricados son computadores e electrónicos, alimentos industrializados, equipamentos de transporte, maquinaria e produtos químicos.
A industria de computación e electrónica da California, unha industria de alta tecnoloxía, é a maior de todo o país. O valor total dos produtos producidos por este sector é de case 52.000 millóns de dólares, maior que o valor total de todos os produtos industrializados de 40 estados americanos. O 40% da electricidade consumida no estado é xerada en hidroeléctricas, o 30% é xerada en reactores nucleares e o 25% en centrais de gas natural. A California é o líder nacional na xeración de electricidade usando fontes renovábeis de enerxía. Ningún estado produce máis electricidade a través do uso da enerxía eólica e solar, ben como hidroeléctricas. Porén, o crecemento da cantidade de electricidade producida no estado non acompañou, nos últimos anos, o inmenso crecemento de poboación da California, xerando varios apagos.
A industria de construción representa o 3,6% do PIB, e emprega a case 915 mil persoas. A minaría representa case o 0,4% do PIB, e emprega a case 42 mil persoas. Os principais recursos naturais extraídos no estado son petróleo, gas natural, ouro e tungsteno.
O sector terciario representa o 80% do PIB. Os servizos persoais, comerciais e comunitarios son responsábeis do 23% do PIB, e preto de 6,3 millóns de persoas traballan neste sector. Empresas financeiras son responsábeis do 22% do PIB, traballando 1,48 millón de persoas neste sector. O comercio por atacado e varexo emprega a 3,8 millóns de persoas e produce o 16% do PIB. Os servizos gobernamentais empregan a case 2,4 millóns de persoas e producen case o 11% do PIB. Os transportes e telecomunicacións empregan a 818.000 persoas e producen preto do 8% do PIB.
[editar] Demografía
|
|
A poboación é de 33 871 648 habitantes, segundo o censo nacional de 2000. O crecemento entre 1990 e 2000 foi de 14%. A estimativa oficial de 2003 para a poboación é de 35,484,453 habitantes. A California é o estado máis habitado dos estados Unidos, e concentra ela soa ao 12% da poboación norteamericana.
Da poboación da California, 9 400 000 (26,5% da poboación do estado) naceron fora do país. Estimase que 2 209 000 destes inmigrantes son inmigrantes ilegais, que compoñen 6,2% da poboación do estado.
[editar] Etnias e sexo
Da poboación californiana:
- 47,4% son brancos anglosaxóns
- 32,4% son hispanos
- 11,0% son descendentes de asiáticos
- 6,5% son afroamericanos
- 1,9% son nativos indíxenas
- 4,7% son descendentes de dúas ou máis razas
- 50,2% son persoas do sexo feminino
- 49,8% son persoas do sexo masculino
A California non posúe un grupo étnico maioritario. Os brancos anglosaxóns aínda son o maior grupo étnico do estado, mais xa non son o grupo maioritario, debido a altas taxas de inmigración hispana en anos recentes. Os hispanos compoñen un terzo da poboación. Alén diso, o estado posúe a maior porcentaxe de asiáticos dos Estados Unidos, apenas o Hawai posúe unha porcentaxe maior.
Por causa das altas taxas de inmigración hispana, provenientes da América Latina (especialmente México), e maiores taxas de natalidade entre a poboación hispana, prevese que hispanos irán tornarse o grupo maioritario da poboación californiana no 2040. Os maiores grupos étnicos son mexicanos (que compoñen preto do 25% da poboación), asiáticos en xeral, británicos, alemáns e Británicos. Unha considerábel poboación amerindia - 350 mil nativos indíxenas - tamén vive na California. O estado posúe a maior poboación indíxena dos estados Unidos.
[editar] Relixión
As afiliacións relixiosas da poboación californiana:
- 38%Protestantes
- 34%Cristianismo
- 3% Outras afiliacións cristiás
- 2% Xudeus
- 3% Outras relixións (Budismo, Islamismo)
- 20% Sen relixión
[editar] Principais cidades
A California é un estado altamente urbanizado. A súas catro maiores rexións urbanas son Los Ángeles, San Diego, San José e san Francisco, todas entre as 20 maiores cidades dos estados Unidos. 97% da poboación vive en rexións metropolitanas, e 93% da poboación viven en áreas urbanas. O estado posúe varias grandes cidades. Moitas delas fan parte dunha das rexións metropolitanas mencionadas abaixo:
- Cidades con máis de 10 millóns de habitantes na súa rexión metropolitana:
-
- Los Angeles/Long Beach
- Cidades con máis de 1 millón de habitantes na súa rexión metropolitana:
-
- San Francisco/Oakland
- San Diego
- San José
- Sacramento
- Santa Ana/Anaheín/Irvine
- Riverside/San Bernadino/Ontario (Condado de Orange)
- Fresno
- Cidades con máis de 500 mil habitantes na súa rexión metropolitana:
-
- Bakersfield
- Palmdale/Lancaster
- Cidades importantes, que fan parte dunha das rexións metropolitanas mencionadas acima:
-
- Berkeley
- Burbank
- Chico
- Chula Vista
- Concord
- Fremont
- Glendale
- Newport Beach
- Nipomo
- Palo Alto
- Pasadena
- Santa Clara
- Santa Clarita
- Simi Valley
- Sunnyvale
- Temecula
- Thousand Oaks
- Torrance
- Ventura
- Walnut Creek
[editar] Educación
O sistema educativo é soportado por unha emenda constitucional que fai que o 40% da renda anual do goberno se gaste en educación.
[editar] Escolas
As primeiras escolas públicas foron inauguradas en San Francisco, en 1850. Dous anos despois, a California ordenou que todos os condados e as cidades con máis de 5 mil habitantes fixesen o mesmo, e pasou a fornecer verbas a estes condados e cidades. Actualmente, as regras e padróns de educación dítaos o Consello de Educación da California, que está composto por 11 membros. Estes membros son escollidos polo gobernador, e aprobados polo Senado do estado. Cada cidade posúe a responsabilidade de administrar seu propio sistema escolar público. En cidades con menos de 10 mil habitantes e en rexións máis illadas, son os condados que asumen a responsabilidade de administrar o sistema escolar da rexión. Estes sistemas escolares son financiados a través de impostos municipais e de verbas fornecidas polo goberno estadal. No total, existen preto de mil sistemas escolares públicos diferentes.
As escolas do ensino primario (6 - 12 anos) posúen calidades diferentes. O nivel de calidade dunha escola depende basicamente dos impostos recadados na rexión onde a escola está instalada e do tamaño da administración local. En algunhas rexións, os custos administrativos drenan boa parte das verbas destinadas ás escolas locais. Nas rexións pobres, a taxa de analfabetismo chega a 30% ou máis. Unha cousa que todas as escolas posúen en común é que o ensino sobre a historia da California é obrigatorio a todos os estudantes da cuarta serie.
Todos os cativos con máis de 6 anos de idade teñen que ir á escola, polo menos ata a graduación na décima segunda ou na décima terceira serie (varía de cidade a cidade), ou ata a persoa completar 18 anos.
[editar] Universidades
Unha das principais universidades é a Universidade de California, que posúe dez campus, e emprega máis vencedores do Premio Nobel do que calquera outra institución de ensino superior do mundo, e é considerada unha das mellores institucións de ensino superior público do país. Oito campus primarios están localizados en Berkeley, Los Angeles, Davis, Santa Cruz, Santa Bárbara, Irvine, Riverside e San Diego. Un noveno campus, localizado en San Francisco, ensina apenas ciencia. Un décimo campus, en Merced, ensina apenas lei e dereito.
A Universidade do estado de California providencia educación superior adecuada a profesores, comerciantes e agricultores. Con máis de 400 mil estudantes, a Universidade do estado de California é a maior universidade dos estados Unidos.
As faculdades comunitarias provén educación vocacional, remedial, ben como programas de educación continua (educación para adultos). Cerca de 109 faculdades espalladas en 72 distritos diferentes atenden a preto de 2.9 millóns de estudantes.
Algunhas institucións privadas de educación superior, internacionalmente coñecidas, están tamén localizadas no estado. Entre elas, están a Universidade de Stanford, Universidade do Sur da California e o Instituto de Tecnoloxía de California (ou simplemente Caltech).
[editar] Transportes
O inmenso territorio californiano é integrado por un sistema extensivo de estradas, autoestradas e autovías. Todo este sistema é administrado polo Departamento de Transportes da California, e patrulladas pola Patrulla de Estradas de California. A maioría dos californianos usan as vías públicas para se desprazaren ao traballo, compras, lecer e turismo. Moitas das grandes cidades californianas son famosas polos seus grandes conxestionamentos, especialmente Los Angeles e san Francisco/Oakville. Apenas a cidade de Nova York posúe reputación similar.
Na California están localizadas dous dos aeroportos máis movidos do mundo: o Aeroporto Internacional de Los Angeles e o Aeroporto Internacional de San Francisco. Elas son os principais centros aeroportuarios do oeste da América do Norte. Outra ducia de importantes aeroportos comerciais e moitos aeroportos da aviación xeral están espallados ao longo dos 58 condados da California.
A California posúe tamén moitos grandes centros portuarios. O xigantesco complexo portuario formado polo Porto de Los Angeles e o Porto de Long Beach, no sur do estado, é o de máis movemento do país, responsábel polo manexamento de aproximadamente un cuarto de todo o tráfico de contáiners dos estados Unidos. Este complexo portuario é tamén un dos de máis movementos do mundo.
O sistema de transporte ferroviario californiano é administrada pola Amtrak. San Francisco e Los Angeles posúen sistemas de metro e de light rail, e San Diego e Sacramento posúen un sistema de light rail. O Metrolink é un método ferroviario de transporte interurbano, e que conecta moitas das grandes cidades do sur da California, conectando San José a San Francisco. Case todos os condados operan liñas de ómnibus, e moitas cidades operan seus propios sistemas de transporte público.
O rápido crecemento de poboación está conxestionando cada vez máis todos os sistemas de transporte do estado. Unha crecente cuestión na política californiana é se o estado debería expandir seu sistema de autoestradas e estradas, ou incentivar seus condados e cidades a melloraren seus sistemas de transporte público.
[editar] Artigos relacionados
- Norte da California
- Sur da California
- Cultura da California
Divisións políticas dos Estados Unidos | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|