Acrópole
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Acrópole (do grego acro:alto, elevado - polis:cidade) é a parte da cidade construída nas zonas máis altas do releve da rexión. A posición ten tanto valor simbólico, elevar e ennobrecer os valores humanos, como estratéxico, pois desde alí podia ser mellor defendida.
Na acrópole das diversas cidades construíanse as estruturas máis nobres, tais como templos e os pazos dos gobernantes.
A acrópole grega orixinal de Atenas fíxose famosa pola construción do Partenon, suntuoso templo en honra á deusa Atena, ricamente construído en mármores raros e ornado con esculturas de Fidias por orde de Péricles e con recursos orixinalmente destinados a patrocinar a guerra contra os Persas.
A palabra acrópole tense usado en arqueoloxía e historia para designar os centros das cidades antigas ou sitios arqueolóxicos onde se sitúan as principais estruturas arquitetonicas.
Nas cidades maias é común e recorrente a acrópole con pirámides-templos, grandes prazas públicas, estadios e palacios e non poucos historiadores comparáronas coas formacións arquitectónicas da acrópole orixinal.