Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Aeroflot - Wikipedia

Aeroflot

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Artigo nos seus primeiros pasos: Este artigo relacionado coa Aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa aviación que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuir.
Airbus A320 de Aeroflot
Airbus A320 de Aeroflot

Aeroflot - Liñas Aéreas Rusas (en ruso Аэрофло́т - Росси́йские авиали́нии), ou Aeroflot (Аэрофло́т), é a liña aérea nacional de Rusia e a maior das existentes no país. No seu día foi tamén a compañía máis importante da Unión Soviética e a maior do mundo. A súa base é o Aeroporto Internacional de Sheremetyevo en Moscú. En 2004 Aeroflot voaba a 88 destinos internacionais en 42 países. En 2003 transportou a 5.900.000 pasaxeiros.

Índice

[editar] Historia

[editar] Orixes

A creación dunha rede de transporte aéreo foi unha das prioridades que se marcaron os bolcheviques despois da revolución de 1917. Así, en xaneiro de 1921, Lenin estableceu as regras básicas que regulaban o transporte no espazo aéreo soviético e instituíu unha comisión que planificara a aviación civil na Unión Soviética.

A primeira comisión daría pé á creación da Glavvozdukhoflot (xefatura de administración da frota aérea civil) en Orel, Kursk e Jarkov o 1 de maio de 1921, que dispoñía de catro cuatrimotores de bombardeo Il'ya Muromets apresuradamente reformados. Estes avións tamén serían usados, aínda que só temporalmente, pola primeira aeroliña soviética, Aviakultura, que efectuaba servizos entre Moscú e Nizhny Novgorod durante a feira comercial anual desta última cidade.

Pero Lenin decatouse de que o país non estaba preparado para seguir en solitario ese camiño, ao ter perdido moitos pilotos, deseñadores e enxeñeiros durante a Primeira Guerra Mundial e a Revolución rusa. Moitos permaneceron leais ao zar e foron executados ou encadeados, mentres outros, coma Igor Sikorsky, o creador do Il'ya Muromets, desertaron cara occidente. Lenin entón pensou en que sería precisa axuda do exterior, pero tras o seu apoio á Rusia Branca a cooperación con Gran Bretaña, Polonia, Estados Unidos e Francia parecía imposible, así que entablaron relacións con Alemaña.

O tratado de Versalles prohibira a Alemaña o mantemento dunha forza aérea, a construción de avións militares e o adestramento de pilotos. Estas restricións extendéronse á aviación civil polo ultimatum de Londres de maio de 1921. Ao ser imposible burlar este tratado na Europa occidental, debido á ferrea vixiancia de Gran Bretana e Francia, tívose que buscar outra solución.

As conversas con Alemaña comezaron a dar os seus froitos o 11 de novembro de 1921 coa creación da aeroliña Deutsch Russische Luftverkehrs AG, máis coñecida como Deruluft. Asinouse tamén un acordo segredo polo que Junkers construiría e dirixiría unha factoría en Fili, nos suburbios de Moscú, mentres que tamén establecería unha escola de vóo en Lipetsk, ao sureste da capital.

O primeiro avión de Deruluft, un Fokker F.III, chegou ao aeroporto moscovita de Jodynka o 30 de abril de 1922, e os servizos regulares comezaron o 1 de maio, con dous vóos semanais entre Moscú e Königsberg, no leste de Prusia, levando inicialmente só correo.O servizo tiña que facer escalas para repostar nas cidades de Smolensk e Velikiye Luki.

O 9 de febreiro de 1923 estableceuse unha oficina de supervisión centralizada da aviación civil, o Comité Superior das Aeroliñas e o Consello para a Aviación Civil. Mentres tanto, Leon Trotsky, comisario de guerra, iniciou unha campaña para mentelizar ao pobo soviético sobre as vantaxes da aviación. A campaña comezou o 6 de marzo de 1923 cun editorial en Pravda anunciando a creación dunha "Sociedade de Amigos da Frota Aérea".

A frecuencia dos vóos de Deruluft incrementouse a catro por semana no verán de 1923 e o 1 de xullo de 1924 estableceuse un servizo diario. Para entón xa viaxaban pasaxeiros nese servizo, nunha incomoda viaxe que duraba dez horas e media. En 1925 a aeroliña alemá [[Deutscher Aero Lloyd iniciou un servizo regular entre Berlin e Königsberg, o que permitía os vóos entre as dúas capitais (Moscú e Berlín). Ao ano seguinte renovouse o acordo coa Deruluft e foron substituídos os anticuados Fokker por Dornier Merkur e Junkers F 13, que en 1928 establecerían un novo servizo entre Leningrado, Riga e Königsberg.

[editar] Primeiras aeroliñas

Mentres os servizos externos estaban en mans de Duroluft, os servizos internos iniciáronse en 1923 coa creación de tres aeroliñas rusas. A primeira foi Dobrolet, formada o 17 de marzo, que comezaría os seus vóos regulares entre Moscú e Nizhny Novgorod no mes de xullo. A súa frota estaba composta por un de Havilland D.H. 34, un Vickers Vimy Commercial e uns cantos de Havilland D.H. 9A. A compañía medrou rapidamente e estableceu unha rede de rutas en Criema, Tashkent e as repúblicas soviéticas de Asia Central. En 1928 Dobrolet realizaba servizos que unían Moscú con Siberia e Mongolia, usando sobre todo Dornier Merkur. Tivo incluso a súa propia fábrica, onde construía pezas de reposto, e ata chegou a fabricar cinco Junkers F 13.

As outras dúas aeroliñas nacionais foron Ukrovozdukhput, equipada con Dornier Comet, que tiña a súa base en Jarkov, Ucraina, e a terceira chamábase Zakavia, baseada en Tbilisi.

Aínda que Dobrolet continuou usando sobre todo avións estranxeiros, Ukrovozdukhput comezou a usar avións de deseño soviético, especialmente protuctos do antigo piloto zarista Kalinin. O primeiro avión deste deseñador en entrar en servizo foi o K-2, do que tamén se produxo unha versión ambulancia denominada K-3. Co seguinte modelo, o K-4, Kalinin conseguiría que a compañía deixase de usar os Dornier en 1928. Este modelo podía levar comodamente a catro pasaxeiros coa súa correspondente equipaxe e máis correo. Construíronse 21 exemplares e tamén tivo versións de ambulancia e exploración.

En 1925 fusionáronse Ukrovozdukhput e Zakavia, e en 1930 uníronse á Dobrolet para formar a organización estatal Transaviatsiya.

[editar] Nace Aeroflot

En 1930 reorganizouse a aviación civil coa abolición do Consello Para a Aviación Civil, que foi substituído por unha nova organización, a Grazhdanskiy Wozdushnyy Flot (Frota Aérea Civil). O 25 de marzo de 1932 adoptouse oficialmente o nome de Aeroflot para a Frota Aérea Civil soviética, nome que comezou a aparecer nos seus avións.

Aeroflot responsabilizouse nun principio do transporte de pasaxeiros e carga, e creáronse divisións para a aviación de uso agrícola (Aeropyl) e para as rutas do Ártico (Aviaarktika). Deruluft continuou facendo os servizos ao estranxeiro.

Nun principio Aeroflot mantivo unha frota de avións foraneos, sobre todo alemáns, pero a medida que Tupolev e Kalinin comezaron a construír modelos mellorados isto comezou a cambiar. En 1927 o éxito dos avións de Kalinin usados por Ukrovozdukhput fixo que se demandase un avión soviético de maior envergadura que puidese usar Deruluft nos seus vóos internacionais. Tupolev, que tiña experiencia na construción de bombardeiros pesados, foi considerado o fabricante máis axeitado e convocado polo Kremlin para discutir o asunto. En decembro de 1927 a Frota Aérea Civil fixo un pedido para ese tipo de avión que debería construírse a grande escala.

Tupolev ANT-9
Tupolev ANT-9

O prototipo do Tupolev ANT-9 completouse rapidamente e mostrouse na Praza Vermella o 28 de abril de 1929 para que fose exhibido na festa do 1 de maio. O avión, chamado Krylya Sovietov (ás soviéticas), fixo o seu primeiro vóo pouco despois, o 7 de maio. No mes de xullo, con 8 pasaxeiros a bordo, fixo un vóo de proba viaxando por Travemunde, Berlín, París, Roma, Marsella, Londres e Varsovia, con resultados moi satisfactorios.

O rototipo e os 12 primeiros exemplares foron trimotores impulsados por motores Bristol e máis tarde por Wright Cyclone. En 1933 dous deles foron entregados a Deruluft. Os restantes 70 foron bimotores e a maioría pasou a mans de Aeroflot.

[editar] Novos avións soviéticos

A mediados dos anos 30 introdúxose unha nova xeración de avións pesados soviéticos que acabaron substituíndo aos deseños alemáns por modelos propios. Kalinin deseñou a K-5, que podía levar a 8 pasaxeiros coa súa equipaxe e correo a unha velocidade de 150 Km/h e cun alcance de 800 Km. Entrou en servizo en grande número con Aeroflot. Un derivado deste foi o K-6, usado para o transporte urxente, especialmente matrices de xornais, podiase así imprimir en areas apartadas e lugar de ser os xornais transportados xa impresos.

O Centro de Experimentación de Construción Aronautica desenvolveu tamén varios modelos. O Stal 2 levaba catro pasaxeiros e foron construídos 111 ata 1935. O Stal 3 foi unha versión aumentada, cunha estructura simplificada e alixerada que podía levar 6 pasaxeiros. Entregáronse 79 exemplares entre 1935 e 1936 e seguiu sendo unha peza importante de Aeroflot ata o comezo da Segunda Guerra Mundial, cando moitos pasaron a ser avións de enlace.

Noas anos 30 Aeroflot recibíu algúns bombardeiros sobrantes da forza aérea soviética. Foron avións TB-1, TB-3 e ANT-7 que foron usados como cargueiros ou avións utilitarios.

En 1934 a Compañía de Investigacón Técnica e Científica para a Aviación organizou unha competición e apreceron tres novos transportes bimotores. Estes foron deixados un pouco de lado e elexíuse fabricar baixo licencia o Douglas DC-3, o mellor transporte da época.

O primeiro destes modelos foi o Stal 7, deseñado polo enxeñairo italiano Bartini, un comunista que se exiou á Unión Soviética cando Mussolini chegou ao poder en Italia. O estilizado avión prometía unha velocidade, alcance e carga útil excelentes e planeouse un vóo para un récord ao redor do mundo. O avión estrelouse ao despegar, e despois de reparado serviría de base para o bombardeiro de alta velocidade Yermolayev DB-240.

O segungo era o ZIG-1, que a pesares de que o seu prototipo fose saboteado, chegou a producirse e a entrar en servizo. Foi deseñado por un enxeñeiro francés chamado Laville. A súa aerodinámica dáballe a este avión, con capacidade para 12 pasaxeiros, unhas prestacións mellores que a de moitos cazas da época e chegáronse a fabricar oito exemplares.

Pero o máis prometedor foi o Tupolev ANT-35, que voou por primeira vez o 20 de agosto de 1936. Deseñado a partir do bombardeiro SB-2 fabricáronse dous prototipos e 11 exemplares de serie. A produción do ANT-35 foi abandoanada en favor do DC-3. O ANT-35 operaron inicialmente na ruta Moscú-Riga-Estocolmo e seguiron voando durante a Segunda Guerra Mundial, cando se lle uniron unha versión civil do bombardeiro SB-2 empregado para o transporte rápido de carga.

O 1 de xaneiro de 1937 rematou o acordo orixinal entre Alemaña e a Unión Soviética, que fora renovado en 1926. Deruluft durante os meses anteriores non dispoñía de avións propios e empregou aparatos cedidos pola Aeroflot e a Lufthansa. Finalmente deixou de operar o 1 de abril dese ano. Nesa data Aeroflot asumiu todas as súas rutas menos a de Moscú-Königsberg-Berlín, que foi suspendida ata a sinatura do Pacto Ribbentrop-Molotov en 1940.

[editar] Invasión alemá

O 22 de xuño de 1941 comezaba a Operación Barbarroxa, a invasión da Unión Soviética polas tropas de Hitler. O día despois da invasión Aeroflot pasou a estar baixo control militar e comezou a apoiar ao Exército Roxo.

Debido ao avance da Wehrmacht e á perda de territorio todos os vóos civís suspendéronse cara as zona ocupadas e ás cidades do oeste da liña que unía Leningrado, Moscú e Rostov. En 1941 as operacións de Aeroflot reducíronse un 25% debido a isto.

O labor de Aeroflot durante a guerra foi moi importante para a Unión Soviética. Moitos dos seus pilotos e traballadores alistáronse no exército creándose así novas unidades con estes homes, algúns dos cales xa estaban a traballar baixo condicións de guerra ao tomar parte no conflicto con Finlandia poucos anos antes.

O seu traballo foi fundamental en cidades asediadas como Leningrado, Kiev, Odesa e Sebastopol.

Os peores momentos do asedio de Leningrado vivíronse entre o 10 de outubro e o 25 de decembro de 1941. A cidade atopábase rodeada por tres lados e bloqueaa polo exército alemán. Hitler decidira non atacala e pretendía conseguir a rendición por fame, aínda que era bombardeada día e noite. A única forma de suministrar á cidade era por vía aérea, e 30 avións de Aeroflot encargáronse de transportar 4.200 toneladas de suministros e 1.600 de municións, evacuaron a 60.000 persoas e conseguiron sacar 2.400 toneladas de materias primas.

O principal avión usado en Leningrado foi o Lisunov Li-2, a designación soviética do DC-3, construído baixo licenza dende 1939.

En maio de 1942 os alemáns lanzaron unha ofensiva contra Sebastopol, en Crimea, e a cidade quedou rodeada. Novamente encargouselle a Aeroflot o suministro, desta vez con misións nocturnas, da cidade. As operacións desta vez foron un fracaso e moitos avións foron derrubados pola artillería antiaérea e os cazas nocturnos. Sebastopol foi capturada polos alemáns o día 1 de xullo.

Durante a batalla de Stalingrado os avións soviéticos realizaron 46.000 saídas de suministro á cidade. Despois da rendición do VI Exército alemán capturáronse uns 80 Junkers Ju 52 de transporte que foron reacondicionados e usados pola Aeroflot.

Outra importante tarefa realizada polos pilotos da aeroliña foi o transporte dos avións entregados polos Estados Unidos en virtude da Lei de Préstamo e Arrendo. Avións P-39 Airacobra, A20 Havoc, B-25 Mitchell e C-47 Skytrain reuníanse en Montana para ser transportados polos pilotos soviéticos, aínda que algúns tamén foron transportados por mar.

A medida que a guerra avanzaba, os servizos civís de Aeroflot foron normalizándose, apesares de que moitos pilotos e avións eran aínda usados para apoiar ao exército. Durante o transcurso da guerra a compañía transportou un millón e medio de soldados e 122.000 toneladas de material para o exército, contribuíndo así dun xeito importante á vistoria da Unión Soviética na Segunda Guerra Mundial.

O avión supersónico de Aeroflot, o Tu 144
O avión supersónico de Aeroflot, o Tu 144

[editar] Frota

[editar] Pasaxeiros

Frota de Aeroflot
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A319-100 8 116 (20/96)
Airbus A320-200 10
(2 pedidos)
140 (20/120)
Airbus A321-200 7
(3 pedidos)
170 (28/142)
Boeing 767-300ER 11 214 (30/184)
218 (30/188)
226 (30/196)
Ilyushin Il-96-300 6
(6 pedidos)
231 (22/209)
Tupolev Tu-134-A and -B 14 68 (8/60) Serán retirados progresivamente ata o 1 de xaneiro do 2008
Tupolev Tu-154-M and -B 28 126 (24/102) Serán retirados progresivamente ata o 2010
Sukhoi Superjet 100 (30 pedidos)

[editar] Carga

Frota de carga de Aeroflot
Avión Total Notas
McDonnell Douglas DC-10-40F 4

[editar] Ligazóns externas

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu