Riga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Mapa | |||
---|---|---|---|
![]() |
|||
Información | |||
País | ![]() |
||
Superficie | 307,17 km2 | ||
Poboación | 727.200 (2006) | ||
Densidade | 2.431 h/km² | ||
Alcalde | Aivars Aksenoks | ||
![]() |
|||
www.riga.lv Páxina Oficial |
Riga (en Letón Rīga), é a capital de Letonia, está situada na costa do Mar Báltico nas ribeiras da desebocadura do río Daugava. Riga é a segunda maior cidade dos Países Bálticos .O centro historico de Riga está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO , a cidade caracterízase pola súa arquitectura Art Nouveau , comparable a de cidades como Viena, San Petersburgo e Barcelona.
Índice |
[editar] Historia
A fundación da cidade data de 1201, cando o bispo alemán Albrecht von Buxhoeven chega de Bremen para evanxelizar e xermanizar a rexión de Livonia, habitada por pobos bálticos de relixión pagá.
No plano de expansión, o clero alemán foi apoiado pola orde livonia dos Irmáns Livonios da Espada en primeira instancia e logo pola orde Teutónica, que rematou por controlar non soamente Riga, senón todo o territorio da Letonia actual, aínda que as fraccións alemás empezaron finalmente a competir polo dominio da rexión e remataron por se debilitar mutuamente. Así a todo, grazas á adhesión A liga Hanseática]], a cidade coñece un período de bonanza comercial durante todo o medievo, o que influíu para que se crease a clase mercantil, á que pertencían maioritariamente os alemáns, que mantivo o control político da cidade durante varios séculos.

Logo, a cidade pertenceu ós polacos e posteriormente ós suecos de 1621 a 1710, cando foi conquistada polos rusos tras unha guerra. A importancia de Riga para o Imperio Ruso medrou co tempo, ata que a cidade se converteu nun dos portos máis importantes de Rusia. Paralelamente, a poboación duplicouse en só cincuenta anos, entre 1850 e 1900. Neste período de grandes migracións internas, os alemáns remataron sendo unha minoría en comparación cos rusos e letóns, aínda que lograron mante-la súa posición social e política de maior prestixio por pouco tempo. A finais de 1891, a lingua oficial da cidade seguía sendo o alemán, se ben pronto sería substituído polo ruso.
Coa disolución do imperio tsarista, Riga convértese na capital da nova República independente de Letonia en 1918, que logo foi anexada á Unión Soviética en 1940 e ocupada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial de 1941 a 1944. A cidade recupera a súa independencia en 1991 coa caída da URSS e a desaparición da República Socialista Soviética de Letonia, da cal era tamén capital.
[editar] Xeografía
A cidade está á beira do mar Báltico, preto da desembocadura do Dvina Occidental (en letón Daugava) no golfo de Riga.
[editar] Economía
Case tódalas institucións financeiras do país áchanse en Riga; a máis importante é o banco central letón, chamado Banco de Letonia.
O intercambio co estranxeiro está aumentando dende xa fai algúns anos, e a cidade recibiu un novo pulo económico dende a entrada de Letonia na Unión Europea o 1 de maio de 2004.
En Riga concéntrase case a metade da produción industrial letona. A industria de Riga está especializada no sector financeiro, os servizos públicos, a industria farmacéutica, de téxtiles, de moblaxe e de produtos manufacturados en xeral, ademais da construción de barcos.
O porto de Riga é un importante porto rexional e centro rexional de expedición vía cargo. Durante a época soviética, Riga era a segunda cidade rusa de occidente despois de San Petersburgo.
[editar] Poboación
|
|
|
|
A poboación da cidade diminuíu dende a independencia de Letonia en 1991 de 910.000 a 760.000, principalmente como resultado da emigración por parte da minoría rusa.
Riga é a cidade máis poboada dos países bálticos, con 739.232 habitantes en 2003. En Riga, os letóns representan o 42% da poboación, os rusos atinxen unha porcentaxe case igual. A maior parte dos letóns son protestantes, da fe evanxélica luterana, mentres que os rusos son ortodoxos.
[editar] Transportes
As viaxes de negocios e de pracer a Riga aumentaron considerablemente nos últimos anos grazas ó melloramento da infraestrutura comercial e de transporte. En canto á cidade portuaria, Riga é o principal nó de transportes do país, nela conflúen os transportes ferroviarios e o sistema de estradas nacionais.
A maior parte dos turistas chega en avión ó Aeroporto Internacional de Riga, o máis grande dos países bálticos, modernizado en 2001 con ocasión do 800 aniversario da fundación da cidade. O transporte mariño conecta a cidade con Estocolmo, Kiel (Alemaña) e Lübeck (Alemaña).
Os turistas denomínana a París do leste pola cantidade de atractivos turísticos e cafés sobre as vereas.
[editar] Lugares de interese
O centro histórico de Riga foi declarado en 1997 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, en virtude dos seus edificios de Art Nouveau e pola arquitectura que se conserva do século XIX.
Os monumentos máis importantes da capital letona son:
- A Catedral
- Igrexa de San Pedro
- Casa das cabezas negras
- Gran e Pequeno Gremio
- Os tres irmáns
- Museo da Ocupación
- Castelo de Riga (residencia presidencial)
- Monumento á Liberdade
A cidade foi Capital europea da cultura no ano 2001 xunto con Basilea (Suíza); tamén foi sé do Festival da Canción de Eurovisión 2003. No ano 2006 a capital de Letonia foi sé dos Campionatos Mundiais de Hockey sobre Xeo, o acontecemento deportivo máis importante na historia dos Estados Bálticos.
En novembro de 2006 acolleu o primeiro cumio da OTAN celebrado en territorio ex-soviético
[editar] Personaxes de Riga
- Isaiah Berlin, filósofo.
- Sergei Eisenstein, director de cine ruso.
- Johann Gottfried Herder, poeta alemán.
- Wilhelm Ostwald, químico, Premio Nobel 1909.
- Mikhail Tal, campión mundial de xadrez.
- Mikhail Baryshnikov, bailarín, actor e coreógrafo.
[editar] Cidades irmás
|
Divisións administrativas de Letonia | |||
Cidades: Daugavpils • Jelgava • Jūrmala • Liepāja • Rēzekne • Riga • Ventspils Condados : Condado de Aizkraukles • Condado de Alūksnes • Condado de Balvi • Condado de Bauska • Condado de Cēsu • Condado de Daugavpils • Condado de Dobeles • Condado de Gulbenes • Condado de Jēkabpils • Condado de Jelgava • Condado de Kraslava • Condado de Kuldigas • Condado de Liepaja • Condado de Limbazu • Condado de Ludzas • Condado de Madonas • Condado de Ogres • Condado de Preiļi • Condado de Rēzekne • Condado de Rīga • Condado de Saldus • Condado de Talsi • Condado de Tukuma • Condado de Valkas • Condado de Valmieras • Condado de Ventspils |