Aeroméxico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Aeroméxico é unha aeroliña de México con sede no areoporto internacional da Cidade de México. É membro da SkyTeam Alliance.
[editar] Historia
Aeronaves de México foi fundada en 1934 por Antonio Díaz Lombardo. O primeiro avión fue un Stinson SR, tripulado polo piloto Julio Zinser, o cal protagonizou o voo inaugural na ruta Cidade de México-Acapulco o día 14 de setembro de 1934. A escasez de avións, motores e repostos provocada pola Segunda Guerra Mundial, obrigou a Antonio Díaz a buscar un socio no medio aeronáutico e o 30 de abril de 1941 Aeronaves de México vendeu a Pan American o 25% das súas accións.
En 1955 a empresa tiña oficinas en 21 cidades do país e dúas nos Estados Unidos. A súa frota estaba formada por 15 avións (12 eran DC-3, dous DC-4 e un C-47 cargueiro) e pouco despois incorporarían catro Convair. En 1957 obtivéronse permisos para voar as rutas Cidade de México-Nova York e Acapulco-Los Angeles. No mesmo ano, accionistas mexicanos recuperaron as accións en poder de Pan American e dous anos despois, o goberno federal adquiríu por decreto todas as accións e bens de Aeronaves de México.
En 1964 Aeronaves contaba con xa con 2.980 empregados e ofrecía servizo a 32 cidades da República, así como voos a cidades de Estados Unidos, Europa, Canadá e Sudamérica.
En 1982, a crise económica elevou a débeda en dólares do sector aeronáutico e dificultou as operacións nesa moeda. Os pasaxeiros internacionais disminuíron un 27% e un 7% os nacionais. O 15 de abril de 1988 comezou en Aeronaves de México unha folga que derivou na quebra da empresa e a suspensión das operacións.
O 1 de outubro de 1988 naceu Aerovías de México, S.A. de C.V., conservando o nome comercial de Aeroméxico e o emblema do cabaleiro aguia. A aeroliñea comezou as súas operacións con 25 avións e un plantel duns 3.500 empregados. As prioridades da empresa foron consolidar o negocio e lograr estándares de puntualidade, confiabilidade, coidado no manexo de equipaxe e servizo, para conquistar a preferencia do público.
A mediados de 1995, despois dun fraude de 75 millóns de dólares polo Director Xeral Gerardo de Prevoisin, Aeroméxico fíxose con parte da Corporación Internacional de Transporte Aéreo (CINTRA) xunto a Mexicana. En 1996 empezou un código compartido con Delta Air Lines e Air France, e en 2000 converteuse en membro de SkyTeam Alliance.
[editar] Frota
Avión | Total | Pasaxeiros | Rutas | Notas |
---|---|---|---|---|
Boeing 737-700 | 29 (13 pedidos) |
153 | México, Perú e Estados Unidos | |
Boeing 737-800 | 4 (3 pedidos) |
124 | México e Estados Unidos | |
Boeing 757-200 | 2 | 175-180 | México e Estados Unidos | |
Boeing 767-200ER | 3 | 181 | Europa, Monterrey e Sudamérica | |
Boeing 767-300ER | 1 | 209 (18/191) | Europa e Sudamérica | |
Boeing 777-200ER | 3 (3 pedidos) |
277 | Brasil, Europa, Xapón e Tijuana | |
Boeing 787 | (5 pedidos) | Entrada en servizo no 2011 Servizos internacionais de longo alcance |
||
McDonnell Douglas MD-82 | 3 | 142 | México e Estados Unidos | |
McDonnell Douglas MD-83 | 7 | 142 | México e Estados Unidos | |
McDonnell Douglas MD-87 | 14 | 109 | México e Estados Unidos | |
McDonnell Douglas MD-88 | 10 | 142 | México e Estados Unidos |