Boeing 757
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Boeing 757 | |
---|---|
757 de American Airlines | |
Tipo | Pasaxeiros |
Fabricante | Boeing |
O Boeing 757 é un avión comercial de á fixa, transcontinental de medio radio fabricado por Boeing. Foi deseñado para Eastern Air Lines e British Airways para reemprazar ao 727 e entrou en servizo en 1983. A produción do 757 finalizou o 28 de novembro de 2005 despois de que fosen construídas 1.050 unidades. A derradeira aeronave foi entregada a Shanghai Airlines.
O 757 pode ser considerado como un dos programas máis exitosos de Boeing. Sen embargo, as vendas caíron a finais dos 90, provocando o cese da produción.