Afonso Sánchez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O infante Afonso Sánchez (1289 - 1329) era fillo natural de Don Denís. Grazas á raíña Isabel chamar a todos os fillos do rei para a corte, tivo unha educación de calidade e o aprezo do rei, que o nomeou maiordomo da coroa, unha especie de primeirio ministro, provocando os ciúmes do herdeiro da coroa, Afonso, o que levou á guerra civil (1319-1324) e á tentativa de Afonso Sanchez de invadir Portugal dende Castela, onde estaba exiliado e tiña o título de señor de Albuquerque, construíndo un castelo no que Inés de Castro viviu varios anos. Distinguiuse como trobador, consérvanse 15 cantigas súas, a maioría de amor, nun estilo moi culto