Aguilafuente
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aguilafuente é un concello situado na provincia de Segovia, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Está enclavado no centro da provincia. Consta de aproximadamente 900 habitantes (que incrementan nos meses de verán, chegando a uns 3000 habitantes), que se dedican á agricultura e gandería. na súa maioría, aínda que na actualidade estanse creando novos sectores que se dedican á hostelería e ao turismo rural en maior parte.
Conta cun patrimonio e unha rica historia desde a época romana que deixou pegadas nas ruínas de Santa Lucía, (estrada de Sauquillo), así como un vestixios visigodos dentro do actual casco urbano. A igrexa de San Juan, é a sé do museo e recolle todos os vestixios aparecidos desta época romana e visigoda.
Neste municipio celebrouse en 1472 un Sínodo que daría lugar ao primeiro libro impreso en lingua castelá: o Sinodal de Aguilafuente, e editado por Juan Parix na Igrexa de Santa María. O concello atópase situado a uns 36 quilómetros da capital segoviana. A súa patroa é a Virxe da Asunción, festexando as súas festas a mediados do mes de Agosto. outras das festividades importantes son en outubro, as festas de San Froitos celebrando a festa do Santo Cristo da Pena, en febreiro eran antiguamente coñecidas as candeas e para rematar en xullo Santa Isabel.