Ainur
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No universo de Tolkien, os Ainur (Os Sagrados en quenya, singular: Ainu) son espíritus anxelicais, representantes directos do deus Eru Ilúvatar. Foron a súa primeira creación. A pesar de que a maioría deles moran con Ilúvatar, algúns deles descenderon a Eä (os Valar e os Maiar) para rematar de formar ó mundo durante a creación de Arda.
O máis poderoso deles, Melkor, baixou a Eä querendo facerse coa Chama Imperecedera e así ser considerado Señor e Creador. Corrompeu a outros Ainur para a súa causa (como Sauron ou os Balrogs). Por envexa ós outros Valar, que facían todo para agradar a Eru, estropeaban a obra dos seus semellantes. Aínda que isto último podería ser en realidade parte da propia canción ideada por Eru como él mismo apunta n'O Silmarillion cando Melkor tenta destrozar A Canción coa súa discordancia:
E ti, Melkor, verás que ningún tema pode tocarse que non teña en min a súa fonte máis profunda, e que ninguén pode alterar a música ó meu pesar. Porque aquel que o tente probará que é só o meu instrumento para a creación de cousas máis marabillosas todavía, que el non ten imaxinado. —Ilúvatar n'O Silmarillion
[editar] Véxase tamén
Os Ainur das lendas de J. R. R. Tolkien | |
---|---|
Ainulindalë (Música dos Ainur) | |
Señores dos Valar: | Manwë | Ulmo | Aulë | Oromë | Námo (Mandos) | Irmo (Lórien) | Tulkas |
Raíñas dos Valar: | Varda | Yavanna | Nienna | Estë | Vairë | Vána | Nessa |
O Inimigo: | Morgoth (Melkor) |
Maiar: | Eönwë | Ilmarë | Ossë | Uinen | Salmar | Sauron | Melian | Arien | Tilion | Gothmog Curumo (Saruman) | Olórin (Gandalf) | Aiwendil (Radagast) | Alatar e Pallando | O Dano de Durin |