Valar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome propio. (Singular: vala). Raza de seres pertencentes á saga de J.R.R. Tolkien O Señor dos Aneis. O seu nome significa "Os que teñen Poder", "Os Poderes".
Reciben este nome os grandes Ainur que entraron en Eä no Comezo dos Tempos, e que logo serían os guardiáns e soberanos de Arda
[editar] Outros nomes
Os Valar son tamén denominados: Os Grandes, Os Rexentes, Señores de Valinor e Señores de Occidente, entre outros.