Air Canada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Air Canada (código AITA : AC ; código OACI : ACA) é a compañía aérea nacional do Canadá. O seu centro de operacións está no Aeroporto Internacional Pierre Elliott Trudeau de Montreal, Quebec. Membro de Star Alliance.
Fundouse en 1937 co nome de Trans-Canada Airlines(TCA) que mantivo ata 1965, e en 1989 privatizouse. En 2000 viuse obrigada a absorber á segunda compañía aérea canadiana, Canadian Airlines, o que provocou a restruturación da compañía. Actualmente voa a uns 240 destinos en Canadá, Estados Unidos, América do Sur, Europa, Australia e Asia.
[editar] Frota
- Airbus A319-100: 45 unidades.
- Airbus A320-200: 54 unidades (4 deles usados como transporte executivo con só 60 prazas, e operados por Air Canada Jetz).
- Airbus A321-200: 10 unidades.
- Airbus A330-300: 8 unidades.
- Airbus A340-300: 10 unidades.
- Airbus A340-500: 2 unidades.
- Boeing 767-200: 6 unidades.
- Boeing 767-200ER: 7 unidades.
- Boeing 767-300ER: 30 unidades.
Ademais baixo Air Canada Jazz operan os seguintes avións:
- 54 De Havilland Canada Dash 8-100
- 50 Canadair Regional Jet
- 18 De Havilland Canada Dash 8-300
- 5 Raytheon Beech 1900D