Australia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional: Non ten | |||
![]() |
|||
Lingua oficial Outras |
Inglés linguas nativas |
||
Capital | Camberra | ||
Cidade máis grande | Sidney | ||
Xefa de Estado | Isabel II (do Reino Unido) | ||
Gobernador-Xeral | Michael Jeffery | ||
Primeiro ministro | John Howard | ||
Área Total - % auga |
7.686.850 km² 1% |
||
Poboación estimada | 20.003.249 (2003) | ||
Independencia -Constitution Act -Australia Act |
|||
Moeda | Dólar da Australia | ||
Hora | UTC +8 a +11 | ||
Himno nacional | Advance Australia Fair | ||
TLD (Internet) | .AU | ||
Código telefónico | 61 |
Australia é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañada polo Océano Índico, ao sur e ao oeste, polo Mar de Timor, Mar de Arafura e Estreito de Torres, ao norte, e Mar de Coral e Mar da Tasmania, a leste. Através destes mares, tén fronteira marítima coa Indonesia, Timor-Leste e Papúa-Nova Guinea, ao norte, e co territorio francés da Nova Caledonia, a leste. Capital: Camberra.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: [[Historia de Australia]].
A Australia fai parte do continente máis antigo do mundo - a Oceanía. Foi colonizada por aboríxes hai máis de 40 000 anos, e hai 2 séculos que comezou a súa colonización por europeos. Australia considerabase unha vasta terra sen características que xustificasen a súa ocupación. portugueses e holandeses, ben como outros pobos, pasaron ao largo da illa. É por esta época cando o capitán inglés James Cook é enviado para realizar unha expedición científica neste descoñecido país. O 28 de abril de 1770, despois de circunnavegar o continente, desembarca finalmente na costa leste australiana. Continúa a viaxe cara o norte, e, o 22 de agosto dese ano, proclama a toma do territorio, a que se lle deu o nome de New South Wales. Escomeza así a colonización europea da Australia. No comezo, esta foi fíxose só co obxectivo de "baleirar" os cárceres británicos. Os condenados, despois de cumpriren a súa pena, recibían unha pequena parcela de terra australiana. Deste xeito, foise desenvolvendo aquel vasto e descoñecido territorio.
[editar] Política
Australia é unha monarquía constitucional. O xefe do estado é a raíña Isabel II da Gran Bretaña, representada polo gobernador xeral australiano. O xefe de goberno está representado polo Primeiro ministro, estando vixente un réxime parlamentario. O goberno emana dun Parlamento electo por sufraxio universal.
O Parlamento Federal componse do Senado e maila Cámara dos Representantes. O primeiro ministro, actualmente John Howard, e mailo líder do partido maior na Camara dos Representantes, da cal se seleccionan os outros ministros.
O Senado componse de 76 membros, con representación igual para todos os estados, como no Senado dos Estados Unidos. Un estado elixe doce senadores, mais un territorio (como o Territorio do Norte ou o Territorio da Capital Australiana) pode somente elixir dous senadores.
A Camara dos Representantes, cuxo modelo é a Cámara dos Comúns da Gran Bretaña, componse de 148 membros. A representación dos estados nesta Camara está determinada polo tamaño da sua poboación, mais cada distrito electoral ten sómente un membro.
O Senado ten o poder de modificar os proxectos de lei da Cámara dos Representantes, que inclúe asuntos fiscais. En 1975, houbo unha crise constitucional, cando o Senado non aprobou o orzamento do goberno laborista de Gough Whitlam. A parálise lexislativa resultou na demisón do primeiro ministro polo gobernador xeral, Sir John Kerr.
Este acto controvertido do representante da Raíña, contribuiu ao apoio crecente a favor da república, mais no referendo de 1999, os republicanos estaban divididos en relación á elección do presidente. Aínda que moitos australianos apoiaron a declaración de república, desexaban un presidente seleccionado por elección directa, non por nomeamento do Parlamento Federal.
[editar] Subdivisións
- Ver artigo principal: [[Subdivisións da Australia]].
A Australia é un estado federal constituído por seis estados e cinco territorios.
[editar] Xeografía
De lonxe, a maior parte da Australia é deserto ou zonas semiáridas — 40% da masa terrestre está coberta por dunas de area. Só os cantos sueste e sudoeste teñen un clima temperado e un solo moderadamente fértil. A parte norte do país ten un clima tropical: parte é bosque tropical, parte sonpastos e parte deserto. A Gran Barreira de Recifes, o maior recife de corais do mundo, situase a pouca distancia da costa nordeste e esténdese por máis de 1200 quilómetros. O Uluru (coñecido como Ayers Rock ata 1986) é o maior monolito do mundo e situase na Australia central.
- Cidades: Camberra - Melbourne - Perth - Sidney - Townsville
[editar] Ver tamén
Áreas protexidas na Australia, lista de rexións da Australia, lista de montañas na Australia, Lista de rios da Australia, Lagos da Australia, Hutt River Province
[editar] Economía
Véxase: Economía de Australia.
[editar] Cultura
Moita da cultura da Australia deriva de raíces europeas e máis recentemente americanas, mais certas características australianas distintivas evoluíron do ambiente, cultura aborixe, e a influencia de viciños da Australia. O vigor e orixinalidade das artes e filmes da Australia, ópera, música, pintura, teatro, danza, e artes están alcanzando un recoñecemento internacional.
[editar] Ligazóns externas
- Embaixada de Australia en España en castelán
- Goberno da Australia - Australian Government en inglés
Países do mundo | Oceanía |
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Nauru | Nova Celandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Quiribati | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu |
Países con parte do seu territorio en Oceanía |
Países semiautónomos e estados libres asociados |