Aix-en-Provence
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aix-en Provence, en occitano Ais de Provença ou Ais de Prouvènço en grafía mistralenca, é unha comuna do departamento de Bouches-du-Rhône, da rexión Provence-Alpes-Côte d'Azur, Francia. 137 067 habitantes (2004)
Na cidade naceron Eleanor de Provenza, muller de Henrique III de Inglaterra e Paul Cezanne
[editar] Historia
Aix (Aquae Sextiae) foi fundada no 123 a.C. polo cónsul romano Sextius Calvinus sobre unha antiga localidade celta. No ano 102 a.C. nos seus arredores librouse a batalla de Aquae Sextae, cando os romanos dirixidos por Gaius Marius venceron aos Cimbrios e Teutóns,. No ano 477 a cidade foi ocupada polos visigodos, durante o século VI foi capturada polos francos e longobardos e no 731 pasou a mans dos árabes.
Durante a Idade Media, Aix, foi a capital do condado de Provenza. No século XII acada o seu cénit como centro artístico e cultural.
No ano 1487 pasou co resto de Provenza á coroa francesa. Luís XII estableceu aquí o Parlamento de Provenza que existiu ata 1789.
[editar] Arquitectura
- Catedral de Saint-Saveur (Saint Sauvari) construída entre os séculos V e XVII en numerosos estilos arquitectónicos, destaca a portada en estilo gótico a plante ten tres naves en estilos diferentes: románico, gótico e barroco.
- Igrexa de Saint-Jean-de-Malto, século XIII
- Casa do Concello, século XVII
- A cidade é coñecida como a cidade das mil fontes, e entre elas destaca a Fontaine des Quatre Dauphins (1667)