User:Albert galiza/Wikipedia:Que é un artigo destacado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Considerarase un artigo destacado da Galipedia o que reúna as seguintes características:
- Debe estar correctamente redactado, ser completo, entendible, preciso, neutral e estable.
- Correctamente redactado significa que a súa redacción é clara, con ton enciclopédico e sen erros gramaticais (ortográficos, sintácticos ou semánticos).
- Completo quer dicir que trata o tema de forma completa, sen omitir elementos esenciais e detalles relevantes.
- Entendible quer dicir que o artigo pode ser comprendido por persoas que non dominan o tema tratado. Os artigos non deben ser tratados especializados, senón que a súa intención é a de estar enfocado para a xente que quere aprender.
- Preciso e concreto quer dicir que os temas que trata han ser avalados con probas e citas específicas e externas que indiquen, de ser posible, a pasaxe ou a fonte da cal se obtivo. O artigo debe posuír referencias bibliográficas ou outras (ligazóns para páxinas de Internet) que permitan ó lector confirmar as informacións;
- Neutral quer dicir que o artigo segue o punto de vista neutral e non ofrece dúbidas sobra a exactitude da información.
- Estable quer dicir que o artigo non muda constantemente de edición como resultado de disputas e guerras de edicións.
- O artigo debe estar en concordancia cos patróns definidos polo Libro de estilo.
- Débese evitar empregar formas dialectais.
- O artigo debe posuír unha pequena introdución que resuma o contido do artigo.
- Ter unha clara división en seccións e subseccións, de xeito consecuente.
- Unha táboa de contido (sumario) significativa, mais non excesiva.
- O artigo debe posuír imaxes relacionadas co asunto, de xeito que completen o artigo sen estragar a estética e sen dificultar a súa lectura (como engadir imaxes), seguindo a política de uso de imaxes.