Alen Bokšić
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alen Bokšić | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Alen Bokšić | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 21 de xaneiro de 1970 | ||
Lugar de nacemento: | Makarska, Croacia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | Retirado | ||
Posición: | Dianteiro Centro | ||
Altura: | 1,88 m metros | ||
Partidos internacionais: | 40 (con Croacia) | ||
Goles: | 10 | ||
Ano do debut: | |||
Clube do debut: | Hajduk Split | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: | Middlesbrough |
Alen Bokšić [ˈalɛn ˈbɔkʃitɕ] é un ex-futbolista nado en Makarska, antiga Iugoslavia, hoxe Croacia.
[editar] Clube
Bokšić comeza a súa carreira no clube Zmaj da súa vila natal. Sendo aínda xuvenil marcha ao Hajduk Split, entrando no primeiro equipo en 1987, cando só contaba con 17 anos. Na súa etapa no Hajduk consegue gaña-la Copa de Iugoslavia de Fútbol en 1987 e 1991. Nun total de 174 encontros anotou 60 goles.
En 1991 fich polo AS Cannes, na Francia, máis pasou case toda a tempada mancado e só puido desputar un encontro.
Ao ano seguinte vai para o Olympique Marsella, onde triunfa de pleno, gañando o título de liga, a Liga de campións e remata coma máximo anotador da liga francesa con 23 tantos. En 1993 fica no segundo posto nas votacións para o Balón de Ouro, tra-lo gañador dese ano, Roberto Baggio.
Bokšić pasou os seus seguintes anos na Italia. Estivo na Lazio en dúas etapas, (1993–96 e 1997–2000). En no medio xogou un ano para a Juventus (1996-97)), gañando o Scudetto da Serie A. De volta ao Lazio consegue a Copa de Italia en 1998 a Recopa ao ano seguinte e outro Scudetto no 2000.
Remataría a súa carreira na Inglaterra xogando co Middlesbrough, entre os anos 2000 e 2003. A pesares do seu bo rendemento tivo moitos problemas coas lesións e finalmente retírase no ano 2003
[editar] Selección
Bokšić foi chamado pola selección iugoslava para desputa-lo Mundial de 1990, mais o adestrador non lle deu nin un só minuto de xogo.
Para a selección croata xogou corenta encontros, nos que anotou 10 goles. Participou na Eurocopa de Fútbol 1996, mais non puido desputa-lo Mundial de 1998 por mor dunha lesión. Croacia sería a sorpresa do torneo acadando a terceira plaza a pesares de non poder contar con el na dianteira para acompañar a Davor Šuker. Finalmente puido xogar un mundial en Corea e Xapón, aínda que a escadra balcánica non pasou da primeira rolda.
[editar] Referenzas
- Nogometni leksikon (2004, en Croata)