Fútbol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O fútbol (denominado oficialmente fútbol asociado) é o deporte por equipos máis popular do mundo, tanto respecto ao número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo rector do fùtbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubes de afeccionados ou van acotío ó estadio pra apoiar ó seu equipo favorito. Os países de Europa, África e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.
A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, CONCAF (antes CONCACAF); e en Sudamérica á CONMEBOL.
Verbo das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire. En canto a clubs, pódese seguir considerando como torneo máis importante a Copa Intercontinental, que enfrenta ó campión de Europa e ó campión de Sudamérica. Sen embargo, a creación do Campionato do Mundo de Clubs da FIFA, o Mundialito, faría que se puidera considerar como o máis importante, xa que participan os mellores equipos de cada federación continental. Nembargantes, só se disputou unha edición e a segunda tivo que ser suspendida, polo que a súa consolidación está lonxe de realizarse.
Índice |
[editar] Nome
O nome fútbol asociado empregouse por vez primeira cando a Asociación de Fútbol estableceu as regras do xogo, para distinguilo das moitas versións de fútbol que existían entón. A palabra soccer (denominación que recibe o fútbol en inglés) é unha abreviación coloquial do termo Association e apareceu nos anos 1880. A súa orixe débese a un estudiante de Oxford chamado Charles Wreford Brown, quen xogou para a selección inglesa e chegou ó posto de vicepresidente da Asociación de Fútbol. O termo fútbol asociado case non se usa na actualidade, mais algúns equipos e institucións aínda o empregan nos seus nomes oficiais.
A finais do século XIX, soccer era a verba coas que as clases altas se referían ao xogo, practicado nas escolas privadas, namentres que a clase traballadora empregaba o termo fútbol. O deporte chegou ó resto do mundo grazas ós inmigrantes británicos e os países que recibiron ó deporte adoptaron o termo inglés. Así, pasou a ser fußball en alemán, voetbal en holandés, fotbal nas linguas escandinavas, futebol en portugués e fútbol en castelán. En francés, a verba non se modificou e a actividade coñecese como le football (con frecuencia abreviado a le foot), aínda que en Quebec coñécese como le soccer. En Italia, un ritual da corte florentina coñecido como il calcio storico era semellante abondo ó deporte, e decidiron emprega-la verba calcio para nomear á actividade.
En Gran Bretaña, ó fútbol chámaselle coloquialmente footie.
Hoxe en día, a verba soccer é empregada polos países anglofalantes que desenvolveron as súas propias regras para o fútbol. Estas non gardan relación coas regras do fútbol asociado, senón coas do seu antepasado común. Os seguintes países son os que teñen as súas propias regras para o fútbol:
-
- Australia - véxase fútbol australiano.
- Canadá - véxase fútbol canadiense.
- Estados Unidos - véxase fútbol americano.
- Irlanda - véxase fútbol gaélico.
[editar] Historia do fútbol
- Ver artigo principal: Historia do fútbol.
Aínda que se coñecen indicios de deportes semellantes nas civilizacións prehispánicas de América, ou en China e Xapón, o fútbol moderno tivo a súa orixe en Inglaterra no século XIX, e foise extendendo paulatinamente ó resto dos países europeos. A FIFA créase nos primeiros anos do século XX, e a partires de aí a súa popularidade medra imparablemente. En 1928, a FIFA decide crear unha competición mundial de seleccións nacionais e acorda que se celebre en Uruguai, que era a campiona olímpica, en 1930.
[editar] As regras do xogo
- Ver artigo principal: Regras do fútbol.
As regras oficiais do fútbol divídense en dezasete epígrafes:
- 1.O terreo de xogo
- 2.O balón
- 3.O número de xogadores
- 4.A equipación dos xogadores
- 5.O árbitro
- 6.Os asistentes do árbitro
- 7.A duración do partido
- 8.O inicio e reanudación do xogo
- 9.O balón en xogo ou fora de xogo
- 10.O gol
- 11.O fora de xogo
- 12.Faltas e sancións
- 13.Tiros libres
- 14.Penaltis
- 15.Fora de banda
- 16.Saque de porta
- 17.Saque de esquina
Coma resumo, pódese dicir:
Nun partido de fútbol enfréntanse dous equipos formados por 10 xogadores e un porteiro cada un. Dise que un equipo mete un gol cando o balón traspasa totalmente a liña de gol da portería contraria. O obxetivo do xogo é marcar máis goles có contrario.
O único xogador que pode toca-lo balón coas mans durante o xogo é o porteiro ou gardamallas, sempre e cando se manteña dentro da súa área (zona próxima á portería).
O tempo de xogo divídese en dous períodos de 45 minutos separados por un descanso de 15. Dependendo das interrupcións acontecidas ó longo do período de xogo o árbitro pode engadir uns minutos en cada un dos tempos.
[editar] Equipos
- Seleccións nacionais
- Equipos de clube
[editar] Competicións
Seleccións
Copa de Africa de Fútbol
Copa de Asia de Fútbol
Copa de América de Fútbol
Clubes
A nivel internacional:
Copa Libertadores
A nivel nacional:
Liga española de Fútbol
Liga italiana de Fútbol (Calcio)
Liga inglesa de fútbol (Premier League)
Liga xermana de fútbol (Bundesliga)
[editar] Xogadores míticos
- Pelé
- Diego Armando Maradona
- Johan Cruyff
- Alfredo Di Stéfano
- Lev Yashin
- Franz Beckenbauer
- Eusébio
- Michel Platini
- Gerd Müller
- Ferenc Puskás
- Garrincha
[editar] Xogadores galegos destacados
- Fran
- Luis Suárez
- Acuña
- Vicente
- Borja Oubiña
- Nacho Novo
[editar] Véxase tamén
- FIFA 100
- Fútbol feminino
- Selección galega de fútbol
[editar] Ligazóns externas
Sitio web da Fútbol Futbol (games) (fr)