Alice Springs
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alice Springs (Mparntwe en lingua Arrernte), é unha cidade do Territorio do Norte, Australia. Segundo o censo de 2001 tiña 28 178 habitantes.
O asentamente, orixinalmente chamado Stuart, comezou coma estación telegráfica en 1872 no medio do territorio tradicional dos arrernte centrais, preto dun regato chamado Alice Springs e máis tarde coñecido como río Todd, no medio da rota das caravanas de camelos que percorrían o deserto australiano. O ferrocaril chegou en 1929 e a cidade mudou de localización, aínda que en 1933 pasou a se denominar oficialmente Alice Springs.
A cidade está case no centro exacto de Australia.
Na cidade está a base de utilización conxunta australiano–estadounidense Pine Gap (1966) para o seguimento de satélites militares, na que traballan 700 persoas, pero a maior fonte de ingresos da cidade é o turismo.