Alzheimer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Advertencia: Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor consulte ó seu médico.
A doenza de Alzheimer ou mal de Alzheimer é unha enfermidade dexenerativa do cerebro,caracterizada por unha perda das facultades cognitivas superiores, manifestándose inicialmente como alteracións da memoria episódica. Estes déficits mnésicos agrávanse coa progresión da doenza, e están posteriormente acompañados por défices visio-espaciais e de linguaxe. O inicio da doenza pode darse moitas veces como simples alteracións da personalidade, con ideación paranoide.
A base histopatolóxica da doenza foi descrita pola primeira vez polo neuropatoloxista alemán Alois Alzheimer en 1906, que verificou a existencia xuntamente con placas senís (hoxe identificadas como agregados de proteína beta-amiloide), de enmarañados neurofibrilares (hoxe asociados a mutación da proteína tau, no interior dos neurotúbulos. Estes dous achados patolóxicos, nun doente con severas perturbacións neurocognitivas, e na ausencia de evidencia de compromiso ou lesión intra-vascular, permitiran a Alois, Alzheimer caracterizar este cuadro clínico como distinto doutras patoloxías orgánicas do cerebro, vido Emil Kraepelin a dar o nome de Alzheimer á doenza por el estudada pola primeira vez, combinando os resultados histolóxicos coa descrición clínica.
Caracterízase clinicamente pola perda progresiva da memoria. O cerebro dun paciente co Mal de Alzheimer, cando visto en necropsia, presenta unha atrofia xeneralizada , con perda neuronal específica en certas áreas do hipocampo mais tamén en rexións parieto-occipitais e frontais.
A perda de memoria causa a estes pacientes un grande desconforto na súa fase inicial e intermediaria, xa na fase adiantada non presentan máis condicións de percibirse como doentes, por falla da autocrítica. Non se trata dunha simple falla na memoria, mais si dunha progresiva incapacidade para o traballo e convivencia social, debido a dificultades para recoñecer persoas próximas e obxectos. Mudanzas de domicilio son mal recibidas, pois tornan os síntomas máis agudos. Un paciente con mal de Alzheimer pregunta a mesma cousa centenas de veces, mostrando a súa incapacidade de fixar algo novo. Esquécense as palabras e trúncanse as frases, moitas permanecendo sen finalización.
[editar] Evolución
A evolución do empeoramento é en torno do 5 ao 15% da cognición (consciencia de si mesmo e dos demais) por ano de doenza, cun período en media de oito anos do seu inicio e o seu último estadio. Coa progresión da doenza pasa a non recoñecer máis os familiares ou ata mesmo a non realizar tarefas simples de hixiene e vestir roupas. No estadio final necesita axuda para todo. Os síntomas depresivos son comúns, con inestabilidade emocional e choros. O delirios e as psicoses son difíciles de avaliar debido á total perda de noción de lugar e de tempo. En xeral a doenza se instala en persoas con máis de 65 anos, mais existen pacientes con inicio aos corenta anos, e relatos raros de inicio na infancia, de probábel cuño xenético. Poden aparecer varios casos nunha mesma familia, e tamén pode acontecer casos únicos, sen ningún outro parente afectado, ditos esporádicos.
[editar] Tratamento
O tratamento visa a confortar o paciente e retardar o máximo posíbel a evolución da doenza. Algunhas drogas son útiles no inicio, e a súa dose debe personalizarse. Son os inhibidores da acetil-colinesterasa, medicacións que inhiben a encima responsábel da degradación da acetilcolina producida e liberada por un núcleo na base do cerebro (núcleo basal de Meynert). A deficiencia de acetilcolina considérase epifenómeno da doenza de Alzheimer, mais non é o único evento bioquímico/fisiopatolóxico que ocorre. Máis recentemente, un grupo de medicacións coñecido como inhibidores dos receptores do tipo NMDA(N-Metil-D-Aspartato) do glutamato entrou no mercado. A memantina é tal droga, e a súa acción dáse pola inhibición da ligazón do glutamato, neurotransmisor excitatorio do sistema nervioso central a os seus receptores. O glutamato é responsábel das reaccións de excitotoxicidade con liberación de radicais libres e lesións de tecidos e neuronas. Hai unha máxima na medicina que di que unha doenza pode ser intratábel, mais o paciente non.