Amberg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amberg é unha cidade de Bavaria, Alemaña. Localizada no Alto Palatinado. Conta con 44.443 habitantes (2002).
A cidade aparece mencionada por primeira vez nas fontes, no ano 1034, co nome de Ammenberg. Convértese nun importante centro comecial na Idade Media, exportando ferro. No ano 1269 queda vencellada á dinastía Wittelsbach, que gobernaba en Bavaria, no ano 1329 co resto do Alto Palatinado pasou a unha liña colateral dos Wittelsbach e deixou de formar parte de Bavaria.
No século XVI a cidade converteuse no luteranismo, pero tentativas da familia real de introducir o calvinismo fracasaron.
En 1628 voltou a Bavaria, os habitantes da cidade tiveron que tomar a decisión de se converter ao catolicismo ou deixar a cidade. Moitas familias marcharon ás cidades de Ratisbona e Nuremberg.