Ratisbona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ratisbona (en alemán : Regensburg), é unha cidade alemana, situada no Land de Baviera. Está bañada polo Danubio e é a capital tanto do distrito do Alto Palatinado (Oberpfalz en alemán) como do Landkreis de Regensburg.
A cidade, con 143.400 nabitantes (dec. 2006) é, despois de Munich, Nuremberg et Augsbourg, a cuarta maior cidade do Land bávaro. Desde o 13 de xullo de 2006, a cidade vella de Ratisbona forma parte da Patrimonio mundial da UNESCO. É sede dun bispado católico.
Ratisbona está situada a 88 km de Nuremberg e a 103 km de München.
[editar] Clima
Ratisbona ten un clima continental. Os meses máis cálidos son xuño e agosto con medias de temperaturas que van de 16,2ºC a 18ºC. Os meses máis fríos correspondem a decembro e febreiro con -0,9ºC e -2,7ºC como medias respectivas. Aos meses de xuño e agosto corresponden as precipitacións máis baixas con 74 e 93 mm; marzo e novembro son os meses máis chuviosos, con 33 e 39 mm.
[editar] Historia
Sobre un asentamento céltico (Radisbona), os romanos fundaron no 179 d.C. un campamento nas beiras do río Regen, ao que denominaron Castro Regina (e dicer, castro sobre o río Regen). Durante a época merovinxia, acidade foi residencia dos duques de Baviera. Acadaría o seu cénit político e económico nos séculos XII e XIII, por atoparse nunha encrucillada de camiños centroeuropeos importantes. Dese período datan os grande monumentos dacidade, como a Steinerne Brücke (unha ponte de pedra de 310 m de longo, sobre o Danubio, erguido entre 1135 e 1146), a catedral gótica (consagrada en 1276), a Altes Rathaus (Antiga Casa do Concello).
En 1245 o emperador Ferderico II concedeu a Ratisbona o rango de Cidade Libre Imperial ("Freie Reichsstadt"),ou que lle confería certa autonomía política. Nos séculos seguintes, a importancia da cidade revélase no frito de ter sido numerosas veces, sede das reunións da Dieta imperial (Reichstage). Así na celebrada en 1541, tencionouse buscar un acordo entre reformados e católicos; a ela asistiran Felipe Melanchton e Bucero. No ano seguinte, Ratisbona uníuse oficialmente á Igrexa reformada, aínda que subsistíu o bispado católico. En 1663 converteuse na sede permanente da Dieta.
O feito de non estar apenas industrializada cando a IIª Guerra Mundial, librouna de bombardeos aliados, conservando case intacto o casco vello medieval.