Americio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O americio é un elemento químico de número atómico 95 situado dentro do grupo dos actínidos na táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Am. Todos os seus isótopos son radiactivos. O seu nome provén de América, de forma análoga ao europio.
O americio emprégase nun tipo de detector de fume que contén unha cantidade moi pequena de Am-241 como fonte de radiación ionizante.