Andizhan - Andijon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andizhan (usbeco: Andijon, ruso: Андижан Andizhan) é unha cidade de Usbequistán, capital da provincia de Andizhan, ten 303.000 habitantes, está localicada no val de Ferghana, preto da fronteira con Quirguisia.
[editar] Historia
Andizhan foi unha importante parada na ruta da seda, a medio camiño entre Kashgar e Khodjend. É o lugar de nacemento de Zahiruddin Babur, o fundador da dinastía Mongol da India, en 1483.
Rusia tomou a cidade en 1876, durante a campaña que o Xeneral Slobelev efectou para suprimir unha insurrección contra o Khan de Kokand. En 1898 a rexión de Andizhan sublevouse contra Rusia, a gornición rusa da cidade conseguíu sofocala con moi poucas baixas. En 1902 un terremoto derrubou a maioría dos edificios da cidade.
[editar] Economía
Andizhan é un centro industrial nunha área de regadío que produce froitas, algodón e seda.