André Breton
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
André Breton (Orne 1896 – 1966) foi un escritor francés. Autor do Manifesto Surrealista 1924
De orixe modesta, levado pola súa familia estuda medicina, mobilizado en 1916 coñece a Jacques Vaché que exercerá unha forte influencia no seu concepto de literatura. En 1919 Breton funda con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature, participou do movemento dadaísta, antes de romper con Tristan Tzara, ao que acusaba de conservadurismo e dar nacemento a un novo movemento de avangarda, o surrealismo. En 1927 ingresa no Partido Comunista Francés, do que será expulsado en 1933. Entre 1941 e 1946 estivo refuxiado nos Estados Unidos.