Antiga e Barbuda - Antigua and Barbuda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: Each Endeavouring, All Achieving |
|||||
Lingua oficial | Inglés | ||||
Capital | Saint John's | ||||
Monarca | Elizabeth II | ||||
Gobernador Xeral | James Beethoven Carlisle | ||||
Primeiro ministro | Baldwin Spencer | ||||
Área - Total - % auga |
180º 442 kmA² Insignificante |
||||
Poboación | 185º
|
||||
Independencia |
do Reino Unido 1 de Novembro, 1981 |
||||
Moeda | Dólar do Caribe Oriental | ||||
Fuso horario | UTC -4 | ||||
Himno nacional | Fair Antigua, We Salute Thee | ||||
TLD (Internet) | .AG | ||||
Código telefónico | 1-268 |
Antiga e Barbuda é unha nación formada polas illas de Antiga, Barbuda e Redonda situadas ó leste do Mar Caribe. Forma parte das Pequenas Antillas.
Índice |
[editar] Historia
Os Siboneyes foron os primeiros en habitar as illas de Antiga e Barbuda no 2400 AC, pero as tribos dos Arawacos e Caribes poboaron as illas cando Cristobal Colon chegou á América na súa segunda viaxe no 1493. Producíronse asentamentos españois e franceses que máis tarde foron substituídos polos ingleses que fundaron unha colonia no 1667. A escravitude foi abolida no 1834. As illas convertéronse nun estado independente da Commonwealth Británica en 1981.
[editar] Política
Antiga e Barbuda forma parte da Commonwealth Británica, polo que a cabeza do estado é a raíña Isabel II, que está representada nas illas por un gobernador xeral. O poder executivo está nas mans do primeiro ministro. As eleccións para a Casa de Representantes (con 17 membros que elixen o primeiro ministro) celébranse cada cinco anos. O Senado ten 17 membros que son elixidos polo gobernador xeral.
[editar] Divisións Administrativas
A illa de Antiga está dividida en seis parroquias:
|
|
As illas de Barbuda e Redonda teñen o estatus de dependencias.
[editar] Economía
O Turismo domina a economía do país, producindo máis da metade do Produto Interior Bruto. A diminución de turistas dende o ano 2000 obrigou ó goberno a transformar o país nun paraíso fiscal. A produción agrícola está centrada no ámbito doméstico e limitada polo reducido subministro de auga.
[editar] Demografía
A maioría da poboación son descendentes dos escravos que traballaban nas plantacións de azucre, pero tamén hai grupos de europeos, principalmente ingleses e portugueses. Case todos son cristiáns, sendo a Igrexa Anglicana (arredor do 50%) a predominante.
Países do mundo | Caribe |
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidade e Tobago - Xamaica |
Países con estatus especial no Caribe Aruba (Holanda) | Antillas Holandesas (posesións de Holanda) |