Antonio Fernández Morales
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio Fernández Morales. (Astorga 1817 - Cacabelos, 1896). Militar e escritor berciano de lingua galega.
Naceu en Astorga, pero foi criado en Cacabelos, estudou no seminario de Astorga e posteriormente nun colexio militar de Valladolid. Fixo amizade co filólogo Mariano Cubí i Soler en 1847, e baixo a súa influencia comezou a escribir en galego, en 1860 publicou en El Esla o seu primeiro poema en galego, O fiandón da aldea, e en 1861 publicou o segundo libro que se escribía en galego, despois de A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos, Ensayos poéticos en dialecto berciano por el comandante de infanteria e inspector provincial de estadística, D. Antonio Fernández Morales, con una introducción sobre lenguas, dialectos, subdialectos y jergas en general, y el origen del berciano, lengua y dialectos castellanos y gallegos en particular, por D. Mariano Cubí y Soler, autor de varias obras filológicas, fundados de dos colegios literarios, y propagador de la frenología en España, tamén coñecido como Ensaios poéticos en dialecto berciano, prologado por Cubí, componse de 8.000 versos distribuídos en 15 poemas en galego e 1 bilingüe castelán-galego.
En 1868 participou na sublevación que derrocou a Isabel II, ascendido a xeneral foi gobernador militar de Toledo en 1870, foi tamén deputado polo Partido Radical.
En 1876 publicou Ensayos poéticos, en castelán.