Antonio José de Sucre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio José de Sucre y Alcalá coñecido como o Gran Mariscal de Ayacucho (Cumaná, Venezuela, 3 de febreiro de 1795; m. Asasinado nas proximidades de La Union - Nariño, na ladeira norte da Serra de Berruecos, Colombia, 4 de xuño de 1830), foi un político e militar venezolano, prócer da independencia e presidente de Bolivia e Perú. Fillo dunha familia acomodada de tradición militar sendo o seu pai coronel do Exército realista.