Antonio de Torres
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio de Torres (1817-1892) foi un constructor de guitarras ao que se lle atribúe ser o principal responsable da transformación deste instrumento tal como o coñecemos hoxe en día.
Nacido na provincia de Almería desenvolveu o seu labor en Sevilla (entre 1852 e 1869) e Almería (de 1875 ata a súa morte en 1892). Os seus deseños baseábanse na teoría de que a tapa armónica é a clave do son da guitarra.
O reforzo en abano para a parte inferior da tapa, o característico ensanchamento da curva inferior da caixa, o desprazamento da ponte, e o emprego de madeiras delgadas contribuíron á creación de guitarras resistentes pero lixeiras, cun son claro e flexible e un deseño elegante e sinxelo.
O máis famoso dos guitarristas que usaron instrumentos de Torres foi Francisco Tárrega, que foi un dos primeiros músicos empeñados en demostrar que a guitarra era un instrumento "serio".
Calcúlase que construíu unhas 320 guitarras durante os seus dous períodos de actividade, das cales localizáronse unhas 70.