Arthur Evans
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arthur Evans (8 de xullo de 1851 - 11 de xullo de 1941), arqueólogo inglés.
Descubríu a civilización que denominou "minoica", da que quedara un moi feble recordo. Era o fillo de Sir John Evans, un fabricante de papel e arqueólogo amateur de ascendencia galesa. Estudiou en Harrow e no Brasenose College, Universidade de Oxford e na Universidade de Göttingen e tendo herdado do pai o interese pola arqueoloxía, Arthur foi conservador do Ashmolean Museum de Oxford entre 1884 e 1908.
O obxecto especial do seu interese era a illa grega de Creta, e durante moito tempo foi o encargado das excavacións da cidade-palacio de Knossos, centro principal da civilización minoica. Ademais de descubrir estes restos e publicalos en catro volumes The Palace of Minos at Knossos (1921 - 1935), un clásico da arqueoloxía, restaurounos e, en parte, reconstruíunos, utilizando algúns materiais extraños como o formigón que escandaliza aos puristas pero axuda aos visitantes a entender o xacemento. Para entender isto compre lembrar que mentres Evans estaba traballando en Knossos no período entre 1899 e 1935, moitos dos seus contemporáneos se interesaban so en apañar obxectos de interese nos xacementos que descubrían.
Aínda que sempre se lle escapou o desciframento e a tradución dos textos atopados no xacemento, deuse de conta de que houbera dúas escritas, que chamou "Lineal A" e "Lineal B."
Evans foi nomeado cabaleiro en 1911 polos seus servizos á arqueoloxía. A excavación no xacemento de Knossos (que el adquiriu para a súa conservación), é continuada hoxe en día pola British School of Archaeology de Athens.
[editar] Véxase tamén
- Duncan Mackenzie