Lineal B
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Lineal B é o sistema de escritura utilizado para o micénico, unha forma antiga da lingua grega.
O sistema deriva do lineal A, unha antiga escrita usada para escribir o minoico, polo que o lineal B non representa axeitadamente os sons do grego micénico. Trátase parcialmente dun silabario, con algúns signos logográficos adicionais.
Aparece basicamente en taboíñas de arxila que datan dos séculos XIV e XIII a.C. A primeira foi descoberta en Knossos polo arqueólogo inglés Arthur Evans o 31 de marzo de 1890; o 6 de Abril atopou un tesouro grande de taboíñas.
Michael Ventris descifrou o Lineal B en 1951–1953, coa colaboración de John Chadwick. O lineal B ten aproximadamente 200 signos, divididos en signos silábicos con valores fonéticos e logogramas (ou ideogramas) con valores semánticos.
O Lineal B ten asignado o Unicode Range 10000–1007F para os signos silábicos e o 10080–100FF para os logogramas.
[editar] Signos silábicos
-a | -e | -i | -o | -u | |
---|---|---|---|---|---|
𐀀 a | 𐀁 e | 𐀂 i | 𐀃 o | 𐀄 u | |
d- | 𐀅 da | 𐀆 de | 𐀇 di | 𐀈 do | 𐀉 du |
j- | 𐀊 ja | 𐀋 je | 𐀍 jo | 𐀎 ju | |
k- | 𐀏 ka | 𐀐 ke | 𐀑 ki | 𐀒 ko | 𐀓 ku |
m- | 𐀔 ma | 𐀕 me | 𐀖 mi | 𐀗 mo | 𐀘 mu |
n- | 𐀙 na | 𐀚 ne | 𐀛 ni | 𐀜 no | 𐀝 nu |
p- | 𐀞 pa | 𐀟 pe | 𐀠 pi | 𐀡 po | 𐀢 pu |
q- | 𐀣 qa | 𐀤 qe | 𐀥 qi | 𐀦 qo | |
r- | 𐀨 ra | 𐀩 re | 𐀪 ri | 𐀫 ro | 𐀬 ru |
s- | 𐀭 sa | 𐀮 se | 𐀯 si | 𐀰 so | 𐀱 su |
t- | 𐀲 ta | 𐀳 te | 𐀴 ti | 𐀵 to | 𐀶 tu |
w- | 𐀷 wa | 𐀸 we | 𐀹 wi | 𐀺 wo | |
z- | 𐀼 za | 𐀽 ze | 𐀿 zo |
Os nomes destes signos son so aproximadamente fonéticos, xa que a maioría representan unha clase completa de sílabas.
Algúns signos fonéticos, moi pouco empregados, teñen valores que ainda nos son en parte descoñecidos. Son designados mediante un número ou un valor fonético aproximado, como por exemplo a2, a3, au, nwa, pu2 etc.
[editar] Logogramas
Debido á natureza dos textos preservados (albaráns ou recibos de contabilidade dos palacios micénicos), son moi frecuentes as representacións logográficas dos elementos enumerados.
Os logogramas representan conceptos como HOME, MULLER, VACA, TOURO, ACEITE, VIÑO, VESTIDO, OURO, BRONCE etc. Hai varias ducias de signos que representan varios tipos de potas e louza.
[editar] Enlaces externos
- Open Directory Project: Linear B
- Greek-Language.com: The Linear B Syllabary
- Dartmouth: The Prehistoric Archaeology of the Aegean, The Linear B Tablets and Mycenaean Organization
- UT-Austin: Program in Aegean Scripts and Prehistory (PASP)
- AncientScripts.com: Linear B
- Linear B at Omniglot
- Unicode Páxinas co código Unicode para o Lineal B syllabary e logograms, que inclúe exemplos de glifos.