Artigo (gramática)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gramática
|
CLASES DE |
PALABRAS |
Substantivo |
Adxectivo |
Persoal |
Determinante |
|
Relativo |
Verbo |
Adverbio |
Preposición |
Conxunción |
Interxección |
[editar] Concepto
O artigo é un determinante actualizador con flexión de xénero e número que concorda co núcleo do sintagma nominal. A súa función é a de acompañar ao substantivo actualizándoo e precisándoo, transformándoo de descoñecido e abstracto ("libro") en coñecido e concreto ("o libro"), situándoo no mundo real.
A gramática tradicional distinguía entre artigo determinado (o, a, os, as) e indeterminado (un, unha, uns, unhas), sendo en realidade este último un tipo de cuantificador.
En galego hai un artigo masculino: o, os en plural, e outro feminino: a, as. Non todas as linguas posúen artigos e, por exemplo, o latín, do cal provén a nosa lingua, non o tiña: o artigo galego provén, así a todo, do pronome demostrativo latino ille, illa, illud. O uso do artigo galego conserva ás veces vestixios dese significado demostrativo.
[editar] Os determinantes actualizadores
O feito de considerarmos o artigo como un determinante actualizador débese a que na clase de palabra determinantes encontramos vocábulos que actúan actualizando (actualizadores), cuantificando (cuantificadores) e interrogando (interrogativos).
Os actualizadores presentan o núcleo do sintagma nominal e sitúano no espazo e no tempo. Os cuantificadores, pola contra, mídeno. Os interrogativos preguntan por el.
Os actualizadores son catro; o predeterminante todo, todos, toda, todas, que pode preceder aos demais determinantes e delimita a integridade do substantivo núcleo do sintagma nominal; o artigo, que presenta o substantivo nun espazo e un tempo concreto (o, a, o, os, as); o posesivo, que sinala a pertenza do substantivo a un elemento da situación ou contexto (o meu, o teu, o seu, noso, voso, o seu e os seus femininos e plurales) e o demostrativo, que sitúa o substantivo nun lugar máis ou menos próximo ou afastado (este, ese, aquel e os seus femininos e plurais)
[editar] Véxase tamén
- O artigo no Curso de lingua galega (Wikibooks)