Pronome persoal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gramática
|
CLASES DE |
PALABRAS |
Substantivo |
Adxectivo |
Persoal |
Determinante |
|
Relativo |
Verbo |
Adverbio |
Preposición |
Conxunción |
Interxección |
Índice |
[editar] Concepto
Para a gramática tradicional pronome persoal é unha clase de palabras que designa as persoas que participan na comunicación e agrupa termos dotados de caracteres morfolóxicos e sintácticos, algún dos cales comparten con adxectivos ou substantivos, sendo outros especificamente pronominais; unha destas propiedades específicas é o feito de careceren de contidos semánticos, pois os pronomes sinalan, remiten a algo ou represéntano, é dicir, que son deícticos ou anafóricos.
[editar] Críticas á perspectiva tradicional
- A clasificación dos persoais segundo se refiran a cada unha das persoas do discurso é para Benveniste errónea, pois a oposición establecida entre os persoais, consistente en referiren a P1 (1ª persoa), a P2 (2ª persoa) ou a P3 (3ª persoa) non se sostén no acto comunicativo. No acto de fala só hai dúas persoas: o emisor e o interlocutor. Caberían como persoais "eu" e "ti", mais nunca "el".
- Alarcos súmase a este rexeitamento sobre a base de exemplos como "¿cres ti que virá?", onde evidentemente "ti" non está substituíndo ningún nome, nin é substituíble polo nome propio da persoa referida; polo que conclúe que "eu" e "ti" son persoais, pero non son pronomes.
(Para profundar nestas críticas véxase o pronome persoal en Wikibooks).
[editar] Véxase tamén
- Os pronomes
- Os pronomes personais galegos
- O pronome de solidariedade galego
- Normativa oficial do galego - Pronomes
- Exercicios de gramática sobre os pronomes personais galegos
[editar] Nos galilibros
- Galilibro sobre o pronome persoal
- O persoal, no Curso de lingua galega de Wikibooks