Ascensión recta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En astronomía, a ascensión recta é unha das coordenadas astronómicas que se utilizan para localizar os astros sobre a esfera celeste, equivalente á lonxitude terrestre (coordenada xeográfica).
A ascensión recta mídese a partir do Punto Vernal en horas (unha hora igual a 15 graos), minutos e segundos cara ao Leste ao longo do ecuador celeste. O punto Vernal está na posición do Sol no Equinoccio de Primavera ou Equinoccio vernal. O seu símbolo é ?.