Béla Kun
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Béla Kun (nado Béla Kohn) naceu o 20 de febreiro de 1886, en Szilágycseh, actual Cehu Silvaniei, Transilvania, Romanía e morreu o 29 de agosto de 1938 na Unión Soviética. Béla Kun foi un político comunista húngaro de orixe xudeu que gobernou Hungría durante un curto periodo de tempo en 1919.
[editar] Vida temperá
En 1913 casou coa maestra de música Iren Gal. Físoxe socialdemócrata e amigo de Endre Ady e outros intelectuais de esquerda. Reclutado polo exército austro-húngaro, caeu prisioneiro das tropas rusas loitando durante a Primeira Guerra Mundial. O seu contacto coa revolución rusa fíxolle un fervente bolchevique, coñeceu a Lenin e ó acabar a guerra marchou como comunista a Hungría co propósito de participar na revolución.