B-52 Stratofortress
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
B-52 Stratofortress | |
---|---|
![]() |
|
Boeing B-52 Stratofortress sobrevoando as nubes | |
Tipo | Bombardeiro |
Fabricante | Boeing |
O Boeing B-52 Stratofortress é un bombardeiro estratéxico que voa co exército dos Estados Unidos dende 1955, e e o sucesor do Convair B-36 Peacemaker. Aínda que construído para o rol nuclear da Guerra Fría, as súas capacidades de bombardeo convencional son máis importantes hoxe en día para os obxectivos da USAF, onde o seu gran radio de acción e a súa gran capacidade de carga probaron a súa valía.