Bacharelato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sistema educativo español |
---|
Rexime xeral |
|
Rexime especial |
|
O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.
No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa da Educación Secundaria. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.
Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:
- Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.
- Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.
- Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.
As materias que se imparten son máis especializadas que na Educación Secundaria Obrigatoria.
Ao finalizar o bacharelato o alumno pode presentarse a un examen de selectividade, o cal consiste nunhas probas escritas que permiten ter acceso aos estudos universitarios, ou ben acceder a ciclos formativos de grao medio.
Índice |
[editar] Materias Comúns
[editar] Primeiro Curso
- Lingua Castelán e Literatura
- Lingua Extranxeira (Normalmente Inglés)
- Filosofía
- Relixión Católica ou unha asignatura alternativa
- Educación Física.
[editar] Segundo Curso
- Lingua Castelán e Literatura
- Lingua Extranxeira
- Filosofía.
Ademáis as comunidades autónomas españolas bilingües imparten a súa lingua e literatura propia (galego, catalán ou euskera).
[editar] Itinerarios
Hay cinco tipos distintos de bacharelato (itinerarios), cada un coas súas materias específicas encamiñados ás distintas titulacións universitarias.
As materias con asterisco son de opción obrigatoria
[editar] Tecnolóxico
[editar] Primeiro curso
- Matemáticas*
- Física e Química*
- Debuxo Técnico*
- Tecnoloxía Industrial*
[editar] Segundo curso
- Debuxo Técnico*
- Electrotecnia
- Física*
- Matemáticas*
- Mecánica
- Tecnoloxía Industrial
[editar] Ciencias da Natureza e a Saúde
[editar] Primeiro curso
[editar] Segundo curso
- Química*
- Bioloxía*
- Física
- Matemáticas
- Ciencias da Terra e Medioambientáis
[editar] Ciencias Sociais
[editar] Primeiro curso
[editar] Segundo Curso
- Economía e Organización de Empresas*
- Xeografía*
- Historia do Arte
- Historia da Música
- Latín
- Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais*
[editar] Humanidades
[editar] Primeiro Curso
- Latín*
- Grego*
- Economía
- Historia Contemporánea*
- Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais
[editar] Segundo curso
- Economía e Organización de Empresas
- Grego*
- Historia do Arte*
- Historia da Música
- Latín*
- Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais
[editar] Arte
[editar] Primeiro Curso
- Debuxo Artístico*
- Debuxo Técnico*
- Historia Contemporánea*
[editar] Segundo Curso
- Debuxo Artístico*
- Debuxo Técnico*
- Fundamentos do deseño
- Historia do Arte*
- Imaxe
- Técnicas de expresión gráfico-plástica