Educación Secundaria Obrigatoria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sistema educativo español |
---|
Rexime xeral |
|
Rexime especial |
|
A Educación Secundaria Obrigatoria ou ESO, é o sistema que rixe a ensinanza secundaria en España dende a implantación da LOGSE a comezos dos anos noventa.
Esta fase da aprendizaxe do alumnado é posterior á ensinanza primaria e ten coma obxectivo preparar ao alumnado para os estudos de secundaria opcionais ou para o mundo laboral, abarcando en xeral dende os 12 aos 16 anos.
A ESO está dividida en dous ciclos e catro cursos, de maneira que os dous primeiros cursos corresponden ao primeiro ciclo e os dous últimos ao segundo ciclo.
O 1º e 2º cursos corresponden a 7º e 8º da antiga EXB, e o 3º e 4º cursos da ESO corresponden a 1º e 2º do anterior Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).