Bailada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A bailada ou bailía é un subxénero da cantiga de amigo consistente nunha composición destinada ó baile. Segue unha estrutura paralelística, apropiada para a sua dramatización por un grupo de rapazas. A protagonista ou cantadeira entona as principais cobras (ou estrofas), mentres que as restantes raparigas, formando unha especie de coro, entonan o refran (ou estribillo).
Unha das bailadas máis famosas foi composta por Airas Nunes: Bailemos nós já todas três, ai amigas. Hai outro exemplo dunha bailada, mais neste caso neotradoresca: María Balteira, da saya çintada, de Xosé María Álvarez Blázquez