Airas Nunes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Airas Nunes foi un clérigo e trobador do século XIII nacido moi probablemente en Galicia. Estivo ó servizo dun bispo e máis tarde, entre 1284 e 1289, foi poeta na corte de Sancho IV de Castilla. Consérvanse quince composicións súas, das cales hai sete cantigas de amor, tres cantigas de amigo, catro de escarnio, dúas bailadas e unha pastorela. Nas súas cantigas aparecen ás veces citas doutros autores, como Don Denís, Afonso X, João Zorro e Nuno Fernandes Torneol.
Pénsase que puido colaborar na composición das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio.