Balneário Camboriú
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Balneário Camboriú | |
---|---|
Estado | Santa Catarina |
Área | 46,4 km² |
Poboación | 90.461 (2004) |
Altitude | 18 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 26º59'26" S |
Lonxitude | 48º38'05" O |
Distancia de Florianópolis | 92 Km |
Código postal (CEP) | 88330-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Balneário Camboriú Pça Papa João Paulo I, 320 |
Internet: | http://www.camboriu.sc.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Rubens Spernau |
Balneário Camboriú é unha cidade costeira do estado brasileiro de Santa Catarina. É un destino turístico imporante para os habitantes dos países veciños, principalmente arxentinos, pero tamén uruguaios e paraguaios, así como por brasileiros dos estados do sur. É considerada a praia dos arxentinos no Brasil e, por conta deste fluxo de turistas de lingua castelá, moitos establecimentos publican anuncios en castelán ademais do portugués.
A máis importante actividade económica é o turismo, pero tamén a construción civil, o mercado inmobiliario e o comercio e os servizos, que se benefician do gran movemento de turistas e de veraneantes que teñen inmobles na cidade.