Santa Catarina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa Catarina | |
---|---|
![]() |
|
Capital: | Florianópolis |
Superficie: | 95.442,9 km² |
Poboación: | 5.357.864 (2000) |
Densidade demográfica: | 56,19 hab/km² |
Fuso horario: | GMT-3 (mesma hora de Brasilia) |
Gobernador | Luís Henrique |
Mapa do Brasil con o estado | |
![]() |
Santa Catarina é un estado brasileiro localizado no centro da región Sur. Ten como límites: ao Norte o estado de Paraná, ao Leste o Océano Atlántico, ao Sur o Estado de Rio Grande do Sul e ao Oeste a Arxentina. Ocupa unha superficie de 95.442,9 km² (do tamaño aproximado da Hungria). A súa capital é Florianópolis.
As cidades máis poboadas son Joinville, Florianópolis, Blumenau, Criciúma e Chapecó. É un dos estados con máis elevacións en súas terras: uns 52% do territorio esta por encima dos 600 metros. Os ríos principais son o Uruguai, o Canoas, o Pelotas, o Negro, o Itajaí e o río Iguazú.
[editar] Clima
Nos puntos máis altos da serra é clima temperado, máis frio, e poden ocorrer xeadas e ata mesmo neve nos invernos máis fortes. Xa no litoral é subtropical, con calor no verán e ventos máis frios e intensos no inverno.
[editar] Economía
A economía basase na industria (textil, cerámica, maquinas e equipamentos, motores eléctricos), na extracción mineral (minas de arxila, fosfato, carbón e cuarzo), na pesca e na agroindustria: o estado é un importante exportador brasileiro de carnes de polo e de porco, in natura o industrializada. Finalmente, a súa agricultura tamén é importante: é o principal productor brasileiro de mazá e de outras froitas de clima frío, ademáis de producir tamén millo.
Tamén destacase o turismo, nas belas praias de Florianópolis, Balneário Camboriú (moi procurada por turistas arxentinos), Garopaba, Penha e outras. As cidades de montaña da Serra Catarinense (Lajes, São Joaquim e Urubici) atraen turistas brasileiros no inverno, na expectativa de caidas de neve. Outros atractivos son as súas paisaxes naturais, como a da Serra do Rio do Rastro, ou o Parque Nacional de Aparados da Serra, na divisa co estado de Rio Grande do Sul.
[editar] Colonización
Ademáis dos pobos comúns à formación do pobo brasileiro (indios, negros africanos e brancos portugueses), en Santa Catarina temos unha grande influéncia de inmigrantes italianos e alemáns, que fundaron cidades como Joinville, Blumenau, Frederico Westphalen e outras. Dois dialectos alemáns, o pomerano (xa extinto na súa rexión de orixe), e o platdüütsch ou baixo alemán, foron preservados polos decendentes destes inmigrantes. Minorías de orixe polacas e ucraínas tamén colonizaron o estado.