Benelux
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Benelux é unha rexión de Europa occidental que compoñen Bélxica, Holanda (Nederland) e Luxemburgo. O termo foi acuñado para referirmos á Unión Económica do Benelux, pero serve para desgna-la rexión histórica dos Países Baixos.
A Unión Económica do Benelux foi aprobada trala liuberación destes países durante a Segunda Guerra Mundial en 1944. Entrou en vigor en 1948 legalizando o libre paso de persoas, bens de consumo e capitais, favorecendo así unha rápida recuperación económica. Este "experimento" tivo tanto éxito que en 1957 o Benelux mais Italia, Francia e Alemaña occidental asinaron o Tratado de Roma nacendo así a CEE que logo convertiríase na actual UE.
Categorías: Tratados | Europa | Bélxica | Luxemburgo | Países Baixos