BMW Sauber
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome completo | BMW Sauber F1 Team |
---|---|
Baseada en | Hinwil, Suíza e Múnic, Alemaña |
Xefe de Equipo | Mario Theissen |
Director Técnico | Willy Rampf |
Pilotos | 9. Nick Heidfeld 10. Robert Kubica |
Pilotos de probas | Sebastian Vettel Timo Glock |
Chasis | F1.07 |
Motor | BMW P86/7 |
Pneumáticos | Bridgestone |
Debut | Gran Premio de Bahrein de 2006 |
Carreiras | 20 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 46 |
Clasificación en 2006 | 5º (36 puntos) |
BMW Sauber F1 Team, ou simplemente BMW Sauber, é unha escudería de Fórmula 1 que corre baixo bandeira alemana, propiedade do fabricante de coches BMW e integrada en BMW Motorsport, a súa sección de competicións de deportes do motor. Con base en Múnic, Alemaña, onde está a sección de motores e sistemas electrónicos, tamén ten instalacións en Hinwil, Suíza, onde se localiza a sección de desenvolvemento do chasis e do desplegue de carreira.
Debutou na tempada de 2006 tras comprar Sauber, de onde ven a coletilla do nome, que se mantén como un xesto de amabilidade en referencia ó pasado da escudería dirixida por Peter Sauber, que aínda segue na disciplina do equipo como Consultor, mentres que Willy Rampf é o Director Técnico e o Xefe de Equipo é Mario Theissen.
Índice |
[editar] Os antecedentes de BMW na Fórmula 1
- Vexa tamén: BMW Motorsport
Despois de case 30 anos de competición en Fórmula 2 en varias etapas, que incluiron algunhas participacións en Fórmula 1 a mediados da década dos 50 cando os coches de ámbalas dúas categorías correron xuntos, en 1980 BMW anunciou a súa entrada na máxima categoría automobilística como fabricante de motores turbo para Brahbam, debutando en 1982 co M12/13 e gañando na súa primeira participación o GP de Canadá. En 1984 xa eran tres as escuderías que levaban propulsores de BMW, con ATS e Arrows. En 1986 asina un contrato con Benetton, debutante na categoría, engadéndose á lista de escuderías cos seus motores, e en 1987, anuncia a súa retirada da Fórmula 1 para o final dese ano. Sen embargo, a historia do BMW M12/13 non remataba aquí, pois Megatron mercou os dereitos para que Arrows poidera seguir utilizandoos, até que en 1988 os motores turbo foron prohibidos polas regulacións da FIA. Este motor foi o primeiro en acada-los 1000 cabalos de potencia, chegando ós 1400 con especificacións de calificación.
En 1997, BMW anuncia un acordo de cooperación con Williams, que inicialmente era para desenvolver un coche, sendo BMW a encargada do motor e Williams do chasis. Este traballo conxunto levaríaos á vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1999 co BMW V12 LMR. Despois deste éxito, a segunda etapa o acordo chegou no 2000, cando BMW desenvolveu o propulsor E41 V10 para Williams. O contraro, con distintos motores desenvolvidos, durou até o 2005 despois dunha degradación evidente nas relacións entrámbalas entidades, a pesares de que o acordo estaba asinado até 2009. Durante este tempo, Williams conseguiría dez vitorias en carreira, tendo o pico máximo de rendemento no campionato de 2003, cando Juan Pablo Montoya disputoulle ó título a Michael Schumacher case até a derradeira carreira dun ano no que Williams - BMW remataría segundo no Campionato de Construtores.
[editar] Época moderna: BMW Sauber
[editar] A creación da escudería
Os antecedentes de BMW Sauber remóntanse ós comezos da tempada de 2005, cando saltaron rumores sobre a posibilidade de que BMW subministrara motores a outra escudería ademáis de a Williams. De feito, o 22 de febreiro de 2005, Sir Frank Williams confirmaba que os motores ían ser tamén vendidos a Sauber[1], información desmentida dous días despois por Peter Sauber e por Mario Theissen, responsábeis de Sauber e de BMW Motorsport respectivamente[2]. Estas declaracións, e mailos pobres resultados que a escudería inglesa estaba a lograr no 2005, comezaron a facer ver posíbeis distanzamentos entre BMW e Williams, e incluso houberon rumores de ruptura[3].
A comezos de maio, saltaron os primeiros rumores sobre a posibilidade de que o trato con Sauber fora máis aló do planeado anteriormente, da venda de motores[4]. Xa a mediados dese mes ficaba bastante claro que as relacións entre BMW e Williams estaban pasando por un pésimo momento, con una evidente falta de comunicación[5], e ataques públicos dende os responsábeis da escudería inglesa[6][7][8][9].
O 22 de xullo de 2005, anunciábase oficialmente a compra de Sauber por BMW[10], e comenzaba un plan de expansión que incluía a modernización das instalaciones da nova escudería e a construccíon de algunhas novas, e a contratación de máis de cen novos traballadores[11][12]. O 14 de novembro, anunciábase o nome definitivo da escudería e a súa inscripción na FIA, manténdose o nome do antigo equipo suízo, Sauber. En palabras de Theissen "Isto reflecte a integración do equipo, dirixido por BMW pero cunha base de case 300 empleados de Sauber"[13].
Aínda quedaba resolve-lo tema dos motores de Williams[14]. Coa creación desta nova escudería por parte de BMW, dábase por suposto que o contrato que os unía ía crebarse, e así rematou por ser: o 15 de agosto confirmábase o acordo entre Williams e Cosworth para os propulsores do ano 2006[15].
[editar] Tempada de 2006
Dúas incertidumbres principais roldaban ós interesados na Fórmula 1 para a tempada de 2006: os pilotos que formarían parte do proxecto e o deseño do primeiro coche que construiría a escudería e que estes conducirían.
A primeira incógnita desvelouse pouco a pouco, e non sen incertidumbre nin rumores previos (Pedro Martínez de la Rosa[16], Mika Hakkinen[17], Michael Schumacher[18], Giancarlo Fisichella, Heikki Kovalainen[19], Mark Webber[20]) pero o 16 de setembro de 2005 confirmábase a elección de Nick Heidfeld[21], e o 1 de decembro anunciábase a permanencia de Jacques Villeneuve[22], quen xa pilotara para Sauber, como pilotos titulares. Especialmente difucultosa foi a presenza de Villenueve no coche, pois BMW non estaba moi dacordo con mantelo na súa disciplina, cousa que tivo que facer por motivos contractuais[23]. O terceiro piloto sería Robert Kubica, tal e como se anunciou o 20 de decembro[24].
Con respecto ó monopraza, BMW Sauber debutou en adestramentos privados de pretempada cun Sauber C24 con motor BMW P86 no Circuíto de Catalunya, a finais de novembro de 2005[25]. Este coche sería utilizado provisoriamente até o 17 de xaneiro de 2006, data na que o BMW Sauber F1.06 foi presentado nun acto na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia[26], tomando o seu primeiro contacto cos circuítos ese mesmo día no Ricardo Tormo[27]. As cores coas que está decorado son as que identifican a BMW Motorsport en calquera competición na que participa: branco e azul con lixeiras estrías vermellas. O deseño do alerón traseiro tivo que ser modificado dúas veces ó longo da tempada por non cumprir as regulacións da FIA, unha antes do GP de Australia[28] e outra antes do GP de Francia[29]. Precisamente neste último Grand Prix BMW Sauber utilizou os apéndices aerodinámicos máis estranos vistos en moito tempo, uns aleróns verticais situados xusto diante do piloto[30], que foron apodados como "As Torres Xemelgas" polo seu parecido cos edificios destruídos nos Atentados do 11 de setembro. Despois dese GP a FIA prohibiunos por quitarlle visibilidade ó condutor[31].
Xa na pista, a tempada comezou de forma dubidosa para o equipo, xa que na primeira carreira Villeneuve non conseguiu rematar e Heidfeld terminou decismosegundo, pero esta tendencia foi correxida na segunda participación, onde Jacques conseguiu os dous primeiros puntos para BMW Sauber cun sétimo posto. Xa en Australia, os dous pilotos puntuaron, sendo a primeira vez na historia da escudería que os dous pilotos remataban, e tamén a primeira que ámbolos dous facíano nos puntos. Despois dunha xeira de finalizacións nos oito primeiros postos, no Gran Premio de Hungría Heifeld remataba na terceira posición, sendo ese o primeiro podio da escudería.
Precisamente ese GP sería o primeiro de Robert Kubica nunha carreira, substituíndo a Villeneuve, que no Gran Premio de Alemaña da fin de semana anterior sufriu un accidente que non lle permitiu disputalo. Foi descalificado despois de rematar sétimo en carreira porque o monopraza pesaba dous quilogramos menos do obrigatorio de forma inintencionada[32]. Ó día seguinte, BMW Sauber anunciaba o despido de Villeneuve[33] e a súa substitución polo piloto polaco, pasando Sebastian Vettel a exercer de terceiro piloto.
Aínda que no GP de Turquía non puntuaron por unha elección equivocada de pneumáticos e por un accidente na primeira curva, en Italia, Kubica acadaría o segundo podio da escudería e o seu primeiro persoal, chegando a lidera-la carreira durante algunhas voltas durante as entradas a boxes. Xa en China, os dous puntos conseguidos por Heidfeld porían os cimentos dun quinto posto no Campionato de Construtores, que se vería confirmado pola retirada dos dous monoprazas de Toyota en Brasil, o derradeiro da tempada.
Ó final da tempada o equipo acadou 36 puntos, 23 de Nick Heidfeld, noveno no Campionato de Pilotos, 7 de Jacques Villeneuve, decimoquinto, e 6 de Robert Kubica, decimosexto.
[editar] Tempada de 2007
A vindeira tempada de 2007 resulta moi prometedora para a escudería xermana, vistos os resultados do seu primeiro ano na categoría.
O 19 de outubro de 2006, BMW Sauber confirmou os seus pilotos para este ano; seguirán Nick Heidfeld e Robert Kubica como conductores titulares, mentres que Sebastian Vettel será o terceiro piloto[34], despois de que o tanteo feito a Christijan Albers non tivera éxito[35]. Asemade, o 21 de decembro anunciábase a fichaxe de Timo Glock como segundo piloto de probas[36].
En canto ó monopraza, o F1.07, cun motor BMW P87, utilizará pneumáticos Bridgestone despois de que Michelin decidira deixar a competición na categoria. A súa presentación fíxose o 16 de xaneiro de 2007 en Valencia, España[37].
[editar] Resultados completos en Fórmula 1
(Lenda) (Os resultados en negriña indican que o piloto acadou a pole position)
Ano | Chasis | Motor | Rodas | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 (36 pts, 5º) | F1.06 | BMW P86 | M
|
BAH | MAL | AUS | SAN | EUR | ESP | MON | RU | CAN | USA | FRA | ALE | HUN | TUR | ITA | CHN | XPN | BRA | |
Nick Heidfeld | 12 | Ret | 4 | 13 | 10 | 8 | 7 | 7 | 7 | Ret | 8 | Ret | 3 | 14 | 8 | 7 | 8 | Ret | ||||
Jacques Villeneuve | Ret | 7 | 6 | 12 | 8 | 12 | 14 | 8 | Ret | Ret | 11 | Ret | ||||||||||
Robert Kubica | DSQ | 12 | 3 | 13 | 9 | 9 | ||||||||||||||||
2007 | F1.07 | BMW P86/7 | B | AUS | MAL | BAH | ESP | MON | CAN | USA | FRA | RU | ALE | HUN | TUR | ITA | BEL | XPN | CHN | BRA | ||
Nick Heidfeld | 4 | 4 | ||||||||||||||||||||
Robert Kubica | Ret | 18 |
[editar] Curiosidades
- Nos adestramentos libres do Gran Premio do Reino Unido de 2006, o monopraza de Jacques Villeneuve luciu un Just Married (Recén Casados)[38] no alerón traseiro, xa que o piloto canadiense contraera matrimonio na fin de semana anterior.
- No Gran Premio de Brasil de 2006, o derradeiro de Michael Schumacher en competición, os monoprazas de BMW Sauber levaron no seu alerón traseiro a inscripción Thanks Michael (Grazas Michael).
- BMW Sauber posúe o Albert2, o terceiro superordenador máis potente do mundo e o primeiro de Europa. É utilizado para cálculos de dinámica computacional de fluídos (DCF).
[editar] Notas, fontes e referencias
- ↑ (en castelán) Williams - BMW sumistrarálle motores a Sauber, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Sauber - Aínda non hai acordo con BMW, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW desmente suposta ruptura con Williams, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Mercará BMW a escudería Sauber?, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Williams non sabe que plans ten BMW, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Head - Theissen é deshonesto, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Williams - BMW: unha relación 'hostil', en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Williams admite 'rencillas' con BMW, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Rematará BMW o seu acordo con Williams?, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW merca Sauber Petronas
- ↑ (en castelán) BMW comenza a expansión de Sauber, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Os plans de expansión de BMW, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW Sauber F1 Team inscrito na FIA
- ↑ (en castelán) Williams quere unha 'resposta' de BMW, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Oficial: Williams - Cosworth no 2006, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) De la Rosa interesado en pilotar para BMW, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Hakkinen - Non voltarei á F1, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW ofreceu asento a Schumacher, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Fisichella ou Kovalainen a BMW?, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Webber non quiso asinar con BMW Sauber, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Oficial: BMW asina a Heidfeld por tres anos
- ↑ (en castelán) Oficial: Villeneuve quédase en BMW Sauber, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Villeneuve - Os contratos teñen un grande poder, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW asina a Kubica como terceiro piloto, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW-Sauber satisfeito cos tests en Barcelona, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW Sauber presenta o novo F1.06, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Debut sen problemas para o F1.06, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW e McLaren terán que modificar aleróns, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW terá que modificar alerón traseiro
- ↑ Foto dos aleróns verticais do F1.06 no Gran Premio de Francia de 2006
- ↑ (en castelán) FIA prohíbe aleróns verticais de BMW Sauber, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Kubica: Descalificación foi frustrante, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW Sauber rescinde contrato a Villenueve, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW confirma os seus pilotos para o 2007, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Albers coquetea con BMW Sauber
- ↑ (en castelán) Glock, segundo piloto de probas de BMW, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) BMW presentará o novo F1.07 en Valencia
- ↑ Villeneuve posando co seu monopraza ca mensaxe de Just Married
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial de BMW Sauber (en inglés).
- Páxina oficial de BMW Motorsport (en inglés).
- Páxina oficial de BMW (en inglés).
- Driven to Perform - O portal de F1 de Intel, patrocinador de BMW Sauber (en inglés)
- Páxina web feita por siareiros de BMW Sauber (en inglés).
Os monoprazas de BMW Sauber | |||||
F1.06 - 2006 | F1.07 - 2007 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007 | ||||||
1 McLaren - MP4-22 | 2 Renault - R27 | 3 Ferrari - F2007 | ||||
1 Fernando Alonso | 2 Lewis Hamilton | 3 Giancarlo Fisichella | 4 Heikki Kovalainen | 5 Felipe Massa | 6 Kimi Räikkönen | |
4 Honda - RA107 | 5 BMW Sauber - F1.07 | 6 Toyota - TF107 | ||||
7 Jenson Button | 8 Rubens Barrichello | 9 Nick Heidfeld | 10 Robert Kubica | 11 Ralf Schumacher | 12 Jarno Trulli | |
7 Red Bull - RB3 | 8 Williams - FW29 | 9 Toro Rosso - STR2 | ||||
14 David Coulthard | 15 Mark Webber | 16 Nico Rosberg | 17 Alex Wurz | 18 Vitantonio Liuzzi | 19 Scott Speed | |
10 Spyker - F8-VII | 11 Super Aguri - SA07 | |||||
20 Adrian Sutil | 21 Christijan Albers | 22 Takuma Sato | 23 Anthony Davidson |