Bonanza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bonanza é unha serie de televisión producida pola NBC e emitida por primeira vez o 12 de setembro de 1959 e até 1973. Foi emitida pola Televisión de Galicia
[editar] Argumento
Bonanza relata as peripecias da familia Cartwright no rancho da Ponderosa, en Nevada, e está ambientada no lonxano oeste de finais do século XIX. Concebida para un público familiar, fuxe dos tópicos do xénero para centrarse nos valores familiares e nos problemas do día a día. Amais, a cadea decidiu emitila íntegramente en cor para conseguir chama-la atención dos máis cativos nunha época onde a maioría dos fogares só dispoñían dun receptor en branco e negro.
A familia Cartwright está formada polo patriarca e dono do rancho, chamado Ben (interpretado por Lorne Greene). Ten tres fillos froito de tres matrimonios diferentes dos que enviuvou: Adam (Pernell Roberts), Hoss (Dan Blocker) e Little Joe (Michael Lando). O clan vive folgadamente nun gran rancho chamado Ponderosa na compaña do cociñeiro chino Hop Sing (Víctor Sean Young) e o sheriff de Virginia City, Roy Coffee (Ray Teal).
A serie convertiuse número un de audiencia durante catorce anos pese á saída de Pernell Roberts no 1965 debido a desputas cos guionistas da serie. Aínda que nun intre a cadea planexara deixar ós Cartwright con dous irmáns só, a personaxe de Adam foi substituida pola do vaqueiro Candy Canaday (David Canary) e a serie aumentou a súa popularidade.
A repentina morte de Dan Blocker no 1972 significou o fin da serie. Tras algúns intentos da cadea por salvala, despediuse da audiencia o 16 de xaneiro de 1973.
[editar] Na gran pantalla
Pese ó peche da serie, a súa popularidade animou á cadea a facer películas para a televisión. Algúns títulos son:
- Bonanza: Under Attack (1995).
- Bonanza: The Return (1993).
- Back to Bonanza (1993).
- Bonanza: The Next Generation (1988).