Boromir
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
Boromir (2978 - 3019 T.I.), un personaxe de fantasía do universo da Terra Media de J. R. R. Tolkien, é un dos nove camiñantes que formaron a Comunidade do Anel no seu libro de fantasía, O Señor dos Aneis. El aparece nos primeiros dous volumes, A Comunidade do Anel e As dúas Torres, e é mencionado no derradeiro volume, O Retorno do Rei.
El era o fillo maior de Denethor II, o último dos senescales de Gondor. Como descendente dos Numenoreanos, el era alto, de cabelo longo, e tiña ollos grises. El tamén tiña unha incrible forza física.